J. Macía. Espectacular torneo disputado por Martín Barbado os días 16 e 17 de novembro no Máster Jóvenes Sub-13 celebrado en Estella.
O xoven xogador do Athlos acadou cuartos de final en individual e caeu fronte o subcampión de España por 21-19 e 21-13. Unha mágoa pois o primeiro set escapouse por moi pouco, xa que foi por diante casi todo o tempo. Moitas esperanzas con estes resultados nos que vemos que Martín está xa a altura dos mellores do país.
En dobles, xunto co xogador de C.B. As Neves Sergio García, lograron un estupendo terceiro posto.
Noraboa, Martín !!
Martín do Athlos, xunto coa expedición Galega.
1 comentario:
Moi ben Martín! a seguir entrenando!
Publicar un comentario