J. Macía.- Este mes disputáronse en As Neves o Circuito Galego Sub-11 e Absoluto e o Circuito Galego Sub-15 e Sub-19.
O sábado día 1 de febreiro, na categoría absoluta, as Saras acadaron o terceiro posto en DF, e Sara Ezquerro repetía o terceiro posto en DX xunto con Roberto da Universidade Laboral.
Na categoría Sub-11, Martín Iglesias acadaba o terceiro posto en DM xunto con Rodrigo Sanjurjo de A Estrada.
O domingo día 16 de febreiro, na categoría Sub-15, Sergio Vidal acadaba o terceiro posto en individual e Martín Barbado o terceiro posto en DM xunto con Sergio García de As Neves.
Na categoría Sub-19, importante primero posto de Sara Galicia e Sara Ezquerro en DF. Sara Galicia e Gabriel Vidal, segundos en DX. En individual, Sara Ezquerro e Gabriel Vidal, terceiro posto.
Ademáis dos Circuitos Galegos, unha xogadora do Clube, Ana Casas, desplazouse a Valladolid o sábado día 15 a disputar o TTR Absoluto de Castilla e León. En individual pasou dúas rondas e caeu en cuartos de final. En DX, xunto con David da Universidade Laboral, non puideron pasar a cadros.
Noraboa, e a seguir loitando !!
Ningún comentario:
Publicar un comentario