!AS COUSAS SEMPRE, ... SEMPRE, CHAMAN POLO SEU DONO!
"Que ledicia dan as cousas cando volven as mans de seu dono, que tanto as quere, que con tanto agarimo as estima e coida".
Esa foi a grande satisfación que lle deu, o alumno de 2º ESO-C do IES Bl. Amor, Brais López Loureda á Profesora do IES de Celanova dona Dolores ó entregar na Conserxería a cateiriña que atopou perdida (chamando polo seu dono/a) coa súa axenda electrónica.
Parabéns para tí Brais e para tódolos/as que toman decisións acertadas cando están sós.
Quédate coa ledicia que lle deches polo reencontro. Enhoraboa, segue SEMPRE así.
O clube Athlos de bádminton regálache un cursiño gratuito se queres disfrutar deste deporte. Non tes màis que vir ó polidepotivo nos horarios que están indicados no taboeiro de anuncios do Ximnasio.
1 comentario:
Moi ben a reacción por parte da dona da carteira. É de loar ós dous.
Publicar un comentario