31/10/10

Campións da Liga Galega de Clubes na categoría Sub 15 e Subcampións absolutos en Segunda


Nas instalacións do Club del Mar San Amaro disputáronse o pasado sábado, os últimos encontros da Liga Galega de Clubes nas categorías Sub 15 e Absoluta. Na cidade herculina, o Athlos proclamóuse campión na categoría Sub 15. Trátase do primeiro éxito da tempada 2010-2011. Noutro eido, compre destacar a actuación de Sara Ezquerro e Sara Galicia, que gañaron a categoría feminina sub 15. E por suposto, o bronce acadado por Gabriel Vida e Iván Mariño na categoría masculina. Por outra banda, o equipo absoluto firmou unha moi boa actuación, rematando como subcampión da Segunda Categoría. Norabóa a todos os deportistas que participaron neste competición de clubes.

Ningún comentario: