20/04/10

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB-13











Celébrouse en Alcorisa (Teruel) o Campionato de España Sub-13 coa participación dos xogadores de Athlos Sara Ezquerro e Miguel Barbado, ambos nas modalidades individuais e xuntos en mixtos. Tamen asistiron xogadores de As Neves, Rachaplumas e A Estrada. Os nosos representantes cumpriron con creces. Mentres o partido individual de Miguel serviu de aperitivo ó acto oficial de apertura do campionato que foi visto pola totalidade dos participantes, público e autoridades Sara chegaba a semifinais en individuais. En dobres mixtos conseguiron pasar unha eliminatoria.

14/04/10

OLIVER REY SUB-CAMPIÓN DE ESPAÑA






























OLIVER SUB-CAMPIÓN DE ESPAÑA EN DOBRES.

Vitoria acolleu o IX CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BÁDMINTON ADAPTADO, durante os días 17 e 18 de abril.
Oliver chegou a finalista na modalidade individual en cadeira de rodas e conquistou o sub-campionato en dobres. Con él desprazáronse seus pais e o seu adestrenador.

Este campionato estivo disputadísimo dado que os dous primeiros representarán a España nos Campionatos de Europa a celebrar en Suiza.


As semifinais e finais foron transmitidas en directo por via internet. http://www.zuzenak.com/