26/10/15

Boa xornada para o clube

Noraboa os premiados, e os que non.
A Coruña: Antonio Iglesias-Brais Caride 2º posto en dobres; Antonio Iglesias Campeón en individual, Marinha y Brais campeones de mixtos
Cerdanyola: Miguel Barbado 3º individual y campeón en mixtos con Noelia Gestoso
Jaén: Miriam Fernández, 2ª en individual y primera en dobles con Vanesa Serrano, Genma segunda en dobles con Catherin y segunda en mixtos con Eloy Javier.

Fotos dos eventos:











24/10/15

Duelo fraticida en Cerdanyola

Hoxe en Cerdanyola acadaron o cadro en sub 15 Sergio Vidal e Martín Barbado, coa mala sorte de ter que se enfrentar en octavos de final, a victoria foi para Martín por 21-10, 16-21 e 21-16, gran partido, mañá tocalle xogar os cuartos contra Alvaro Leal; no dobres Sergio e Martín pasaron a cuadro pero non poideron gañar a Jaume Triay e Adrian Turmo, ainda que foi por pouco 21-11, 18-21 e 21-18.
Por outra banda Miguel Barbado gañou todos os seus partidos e mañá xogará os cuartos de final contra Xavier Lopez, e a semi-final de mixtos contra Carlos Olivar e Nerea Sanchez-Arévalo.

Xa sabedes o que toca...   LUMEEEEEEEEE!!!!!!

23/10/15

Master Jóvenes sub 15 y sub 19 Cerdanyola 8*, TTr galicia sub 13 y sub 17 y seniors en Jaén

Este fin de semana, temos master en Catalunya, en Cerdanyola, coa participación de Martín Barbado e Sergio Vidal en sub 15 e Miguel Barbado en sub 19, Martín e Sergio xogarán individuais e dobles, mentras que Miguel xogará o mixto con Noelia Gestoso.
Tamén este fin de semana xogamos na Coruña sub 13 e sub 17, coa presencia en sub 13 de Martín Iglesias , Xoana Paradelo e Ana Novoa, en sub 17, Samuel Varela, Antonio Iglesias, Brais Caride y Marinha Paradelo.
Tamén temos circuito senior en Jaén, Gema, Nuria e Miriam asegurarán o espectaculo en Andalucía. Gema xoga nas tres modalidades, dobres coa inglesa Catherine e mixtos con Eloy Javier;  Miriam xoga  individuais e dobres con Vanesa e Nuria mixtos con José-Miguel.

Moita sorte a todos e LUME!!!
Imaxe de aquivo.

18/10/15

Circuito Galego sub-11

Gran actuación dos nosos rapaces no ciruito galego sub-11 da Estrada. Ana Novoa Campeona en IF sub 11, NORABOA, moi ben Martín Iglesias na final, caendo contra Rodrigo Sanjurjo no terceiro set por 15-12.
Nos dobres Martín e Pedro segundos.
A seguinte xornada será nos días 14-15 de Novembro en As Neves (ver calendario).








17/10/15

Concentración do Se busca



Este venres estiveron en Pontevedra, no CDT de Galicia, os nosos peques, aprendendo cousas novas, e  pasando una xornada de convivencia cos seus compañeiros doutros clubes, os afortunados foron: Ana, Martín Iglesias, Martín Barbado, Sergio Vidal, Pedro Macía acompañados por Marta Zuazua e Nuria Fernández.

12/10/15

Bos resultados 11-12 de Outubro

Este fin de semana tivemos moitos frentes abertos, en Dinamarca, Miguel, acadou un bo resultado ó pasar a cuadro despois de gañar dous partidos, contra o terceiro de Dinamarca e contra un xogador suizo. Finalmente perdeu no terceiro set contra o campeón Sueco.
En Huelva, Sara fixo unha mais que notable actuación axudando o' clube das Neves a gañar os seus tres primeiros enfrentamentos de liga.
Mentres tanto, na laboral, os nosos "rapaces" disfrutaron dunha entretida xornada de ranking.


09/10/15

SARA EZQUERRO A HUELVA

Este fin de semana, é dos máis movidos (Dinamarca, U. Laboral, Huelva...) con record de visitas ó Blog Athlos, máis de cincocentas visitas en tres días.
Sara estará complementando ó equipo de As Neves na 1ª xornada da Liga Nacional de Clubes que se celebrará no Palacio de Deportes de Huelva, nas terras de Carolina Marín.  Sorte e bo torneo.

08/10/15

Circuito Nacional Veteranos Jaén


Lembrade que estamos en proceso de inscricións para o circuito nacional de seniors de Jaén, que se celebrará os días 24 e 25 diste mes.
Dende Guadalajara e Madrid van Miriam e Gema.
Sorte os participantes!!

Miguel Barbado convocado coa selección

Outra boa noticia da man de Miguel Barbado, acaba de ser convocado para a Danish Junior Cup, (Dinamarca)cos seguintes compañeiros:
Xogadores:
Miguel Barbado
Sara Peñalver
Álvaro Vazquez
Tecnicos:
Ernesto García
Rafael Vazquez

as datas do torneo son 10 e 11 de Outubro diste ano en Hvdrove (Dinamarca)

NORABOA!!!

imaxe de arquivo

06/10/15

Novedades do Blog

Estamos actualizando o Blog, se tendes algunha suxerencia, ou petición, agora dispoñemos dun buzón no pé da páxina, tamén temos un acceso directo o Facebook do clube na parte dereita, e un traductor para os que nos visiten dende calquera parte do mundo.
Esperamos que os trocos sexan do voso agrado

05/10/15

CIRCUITO GALEGO SENIOR

Este sábado a partir das dez iniciase na U. Laboral de Ourense o CIRCUITO GALEGO SENIOR.
ATHLOS, participará cos seguintes xogadores: Dolores, Luz Marina, Mónica, Nuria, Javier e Julio.
As modalidades a celebrar son individuais e dobres, agrupados por teóricas medidas de forza. O principal é pasar unha xornada de convivencia do Bádminton Veterán Galego.
A seguinte cita será en Cedeira o 14 de novembro.

04/10/15

BÁDMINTON EN PEREIRO DE AGUIAR

 O Concello de Pereiro de Aguiar incorpórase ó Bádminton dende este mes de outubro no seu polideportivo, con actividade  (a partir dos 5 anos, sen límite de idade ) martes e xoves de 18.30 h a 20.00 h. por 15 € ao mes. segundo publica no seu programa de actividades para o curso 2015-2016. Información e inscricións na Biblioteca Pública e o 9882593839.

CAMPIONATO TTR ASTURIAS-XIXÓN


Este fin de semana celebrouse en Xixon, no pabellón da Tejerona, ó Asturias TTR Gijón, Sub-11, Sub-15, Absoluto e Senior, coa participación do noso xogador senior Julio Fernández Valencia, que participou na categoría Absoluta, nas modalidades de individual e dobres, co xogador do Badminton Xixón, David Alvarez,  alcanzou os cuartos de final nas duas modalidades, caendo ante o xogador do Oviedo Juan Antonio Minguez por 21-10 e 21-16, e en dobres ante a parexa do Oviedo J.A.Minguez-Iván Villanueva por 21-12, 21-17, na categoría Senior participou polo Badminton Xixón o noso compañeiro Arturo Martínez que caeu en semifinais con J.C. Padilla e acadou un meritorio terceiro posto no dobres co seu compañeiro Gillermo Jose Menendez. Noraboa e a seguir adestrando.