04/06/12

MARIA e MIGUEL EN IBIZA

 Os días 1, 2 e 3 de xuño Ibiza acolleu o Campionato de España Sub-13, coa participación como Campións galegos dos nosos xogadores: María Ezquerro e Miguel Barbado, competindo nas modalidades de individuais e dobres.
A expedición galega foi acompañada polo presidente da Federación G. de Bádminton,  en vo de Vigo a Ibiza con escala en Madrid.
Iniciou a competición María na modalidade individual, dentro dun cadro de 34 xogadoras,  superou a Villacorta por un contundente tanteo de 21/7 e 21/9 (ás 16.40h.). A continuación ás 17,55 h. xogaba en dobres con María Castro de clube de San Amaro (A Coruña) e impúñanse a Martín e Rivelles por 21/16 e 21/15, todo despois de 8 horas de viaxe o mesmo día 1º, venres.
As 11,40 h. do sábado retomaba a competición en individuais con trunfo sobre Laura Santos por 21/4 e 21/10, dándolle paso ó cadro de 16 finalistas donde en octavos foi apeada por Nuria Moreno de Barcelona, despois de ter que disputar o segundo encontro de dobres superando a Fátima e Natalia por 22/20 e 21/11, conseguindo de seguido o paso a cuartos de final  nos que Díaz e Martínez de Aldapeta (Pais Vasco) que finalizaron de sub-campionas, as apearon da semifinal.
Sobresainte participación de María Castro (San Amaro) e María Ezquerro (Athlos), únicas galegas no cadro finalista deste Campionato de España xunto con Miguel Barbado.
En homes Miguel Barbado enfrentouse a un cadro de 49 xogadores de toda España, divididos en grupos que daban paso a 16 finalistas nos que él foi o único galego clasificado como campión de grupo cos seguintes tanteos: Contra Cardona (Baleares) 21/12 e 21/4, con A. Turmo 21/10 e 21/16. Andrés Martín de Madrid, cortoulle o paso a cuartos de final por 21/9 e 21/12.
Na modalidade de dobres formou parella con Joaquín Reina de Almería (Campión de España) entrando en cadro de finalistas, donde foron apeados da semifinal por Mayoral e Álvaro de Madrid nun encontro a tres sets,  cun terceiro en 23-21 a favor dos de Madrid, que o dí todo en favor desta sobresainte participación dos de Athlos na illa de Ibiza. 
O desenrolo da competición pódese seguir na páxina: http://www.todostorneos.es/
!ENHORABOA! por este  bo torneo.