25/02/14

O ATHLOS TRAE A OURENSE 21 MEDALLAS DO CAMPIONATO GALEGO DE VETERÁNS

J. Macía.- O sábado 22 de Febreiro disputouse o XXXVI CAMPIONATO GALEGO DE VETERÁNS DE BÁDMINTON nas instalacións do Club del Mar de San Amaro en A Coruña.

O Club Athlos trouxo a Ourense 21 medallas repartidas nas distintas categorías, 5 de ouro, 4 de plata e 12 de bronce. 



Na seguinte ligazón, podedes ver o cadro de vencedores e os resultados:

Vencedor@s e resultados





@s xogador@s do clube poden estar contentos. Ainda que puido ser todavía mellor, tod@s amosaron un bo nivel e afrontaron o reto sen rendirse en ningún momento. Moi bo ambiente, e o noso clube, coma sempre, disfrutou dende a bancada e dende a pista. 

Agora, toca apretar para preparar o Campionato de España, dónde esperamos poidamos traer máis medallas.

Noraboa a tod@s !!!

21/02/14

CIRCUITOS GALEGOS

J. Macía.- Este mes disputáronse en As Neves o Circuito Galego Sub-11 e Absoluto e o Circuito Galego Sub-15 e Sub-19.

O sábado día 1 de febreiro, na categoría absoluta, as Saras acadaron o terceiro posto en DF, e Sara Ezquerro repetía o terceiro posto en DX xunto con Roberto da Universidade Laboral.

Na categoría Sub-11, Martín Iglesias acadaba o terceiro posto en DM xunto con Rodrigo Sanjurjo de A Estrada.




O domingo día 16 de febreiro, na categoría Sub-15, Sergio Vidal acadaba o terceiro posto en individual e Martín Barbado o terceiro posto en DM xunto con Sergio García de As Neves.

Na categoría Sub-19, importante primero posto de Sara Galicia e Sara Ezquerro en DF. Sara Galicia e Gabriel Vidal, segundos en DX. En individual, Sara Ezquerro e Gabriel Vidal, terceiro posto.




Ademáis dos Circuitos Galegos, unha xogadora do Clube, Ana Casas, desplazouse a Valladolid o sábado día 15 a disputar o TTR Absoluto de Castilla e León. En individual pasou dúas rondas e caeu en cuartos de final. En DX, xunto con David da Universidade Laboral, non puideron pasar a cadros.

Noraboa, e a seguir loitando !!

CIRCUITO NACIONAL VETERÁNS.- GUADALAJARA

J. Macía.- O pasado 1 de febreiro os xogadores do Athlos acadaron un total de 11 podios repartidos entre as distintas categorías no Circuito Nacional de Veteráns que se diputou en Guadalajara.

A destacar os primeiros postos acadados por Rubén Fernández - Julio Fernández en DM A, Olalla Fernández - Vanesa Serrano en DF A e Mercedes Fernández - Bernardo Galmes en DX B.

Norabóa a tod@s, moz@s !!

Podedes consultar na seguinte ligazón os resultados:

Cadro Vencedores



13/02/14

MIGUEL BARBADO ESTRÉNASE MAÑÁ NO CAMPIONATO DE EUROPA SUB-15

J. Macía.- De xeito paralelo ós Campionatos de Europa por Equipos Masculinos e Femeninos que xa se están a disputar, a cidade suiza de Basilea acolle de venres a domingo a disputa dos I Campionatos de Europa Sub-15.

Miguel Barbado do Clube Athlos, xogará mañá as 12:25 o seu primeiro partido de DX xunto con Laura Santos e as 14:05 o partido de DM xunto con Andrés Martín.

Estaremos moi atentos, e dende Ourense desexámoste que a forza esté contigo Miguel e cos teus compañeiros. Vamos !!!

Pódese seguir a competición en directo e ver os partidos grabados en:


E tamén a través da web da Fesba en:

10/02/14

2ª FASE PREVIA DA COMPETICIÓN DE BÁDMINTON EN IDADE ESCOLAR

J. Macía.- A segunda xornada da fase previa da competición de bádminton en idade escolar, finalmente será o sábado 15 de febreiro no pavillón do IES OTERO PEDRAYO.

Categorías: BENXAMÍN: nados en 2004 e posteriores.- INFANTIL: nados en 2000 e 2001
ALEVÍN: nados en 2002 e 2003.- CADETE: nados en 1998 e 99.

Modalidades: Xogo individual, masculino e feminino. En función da inscrición faremos mixta a categoría Benxamín.

Horario: A partir das 10 h. ata o remate. ( xornada de mañá) 

Inscricións: Lembrade facer a inscrición en orde de forza no impreso oficial.
Remitir a: nuria@edu.xunta.es

Prazos: Antes das 19:00h do xoves día 13 de febreiro 

Xogo: Partidos a 30 puntos, con cambio de campo en 15 e sen prolongación. 

En función da inscrición: liguiña previa por grupos ou cadro dobre eliminatorio.
Volante de nylon.
Normativa oficial da Federación Galega e do Xogade.
Indumentaria adecuada.