10/02/14

2ª FASE PREVIA DA COMPETICIÓN DE BÁDMINTON EN IDADE ESCOLAR

J. Macía.- A segunda xornada da fase previa da competición de bádminton en idade escolar, finalmente será o sábado 15 de febreiro no pavillón do IES OTERO PEDRAYO.

Categorías: BENXAMÍN: nados en 2004 e posteriores.- INFANTIL: nados en 2000 e 2001
ALEVÍN: nados en 2002 e 2003.- CADETE: nados en 1998 e 99.

Modalidades: Xogo individual, masculino e feminino. En función da inscrición faremos mixta a categoría Benxamín.

Horario: A partir das 10 h. ata o remate. ( xornada de mañá) 

Inscricións: Lembrade facer a inscrición en orde de forza no impreso oficial.
Remitir a: nuria@edu.xunta.es

Prazos: Antes das 19:00h do xoves día 13 de febreiro 

Xogo: Partidos a 30 puntos, con cambio de campo en 15 e sen prolongación. 

En función da inscrición: liguiña previa por grupos ou cadro dobre eliminatorio.
Volante de nylon.
Normativa oficial da Federación Galega e do Xogade.
Indumentaria adecuada.

Ningún comentario: