17/06/14

MÁSTER FINAL "VICTOR BÁDMINTON OURENSE 2014"

J. Macía.- O domingo día 15 de xuño disputouse o Máster Final "Victor Bádminton Ourense" nas instalacións do Campus Universitario de Ourense.

Gran xornada de bádminton, dende ás 9:30 ata as 18:00 con representación de Club Athlos, Universidade Laboral, Club Independiente e as escolas de Otero Pedrayo, Blanco Amor, Mestre Vide e A D Bosco con 140 participantes.


Competición organizada polo Club Athlos e a Delegación provincial de Bádminton de Ourense, e que contou coa colaboración de Victor, Nivea, Servizo de Deportes da Universidade de Vigo Campus de Ourense, Deputación de Ourense, Concello de Ourense e Xunta de Galicia.

Na seguinte ligazón podedes ver a galería de fotos con todo o proceso e evolución da competición, os sorteos, a entrega de agasallos e a entrega de premios:

Galería de Fotos

Nota de prensa +Deporte.- Martes, 17 de xuño de 2014

Moitísimas grazas a tod@s por facer que este deporte creza cada día máis e mellor !!!

En palabras da Delagada, Nuria:

"Orzamento; 0, Recursos Humanos: 1000, Entusiasmo: 100000000000...
Que bonito é traballar en equipo!!! E con este equipo.
Moi ben polos profes e adestradores por regalar o seu tempo aos rapaces.
Parabéns polo xogo limpo
Felicitacións ás familias. Xa o sabedes, ise tempo non é perdido.
Grazas aos colaboradores !!
ALÍ ONDE NOS DEIXEN SEGUIREMOS TRABALLANDO polo deporte, pola nosa xuventude e polos hábitos saudables."



CAMPIONATO DE ESPAÑA SELECCIÓNS AUTONÓMICAS EN IDADE ESCOLAR

J. Macía.- Tres xogadores do Athlos participarán coa Selección Galega no Campionato de España que se disputará en Santander do 22 ó 26 de xuño: Martín Barbado, Miguel Barbado e Sara Ezquerro. Ademais, viaxará o adestrador Jorge Macía como técnico da expedición Galega xunto con Rubén Espinosa e Jesús Pereiro ás ordes do coordinador Rafael Vázquez.

Lume !!!

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB-13 "SE BUSCA CAMPEÓN"

J. Macía.- Do 6 ao 8 de xuño disputouse en Palma de Mallorca o Campionato de España Sub-13 "Se Busca Campeón". Desprazáronse Martín Barbado e Antonio Iglesias cunha notable actuación.


En dobles, Antonio facendo parella con Alberto López de A Estrada acadaban cuartos de final e caeron no terceiro set cos Campión de España. Excelente partido !!

Martín Barbado e o seu compañeiro Sergio García de As Neves pasaban o cadro final pero caían na primeira ronda fronte os subcampións de España.

En individual, Antonio non pasou da fase de grupos e Martín acadou cuartos de final cun rendemento extraordinario.



Noraboa mozos !!!

SARA EZQUERRO E MIGUEL BARBADO SUBCAMPIÓNS DE ESPAÑA SUB-17

J. Macía.- Sara Ezquerro e Miguel Barbado acadaron o subcampionato de España Sub-17 en dobles mixtos no Campionato de España celebrado en San Sebastián do 30 de maio ó 1 de xuño.


En individual, Miguel caía en cuartos de final no terceiro set e Sara na primeira ronda coa que sería 3ª de España.




Noraboa !!!