23/03/15

CAMPEONATO GALEGO SUB-9 E SUB-15 OURENSE

Este Domingo 22 de Marzo, o Club Athlos organizou na Universidade de Ourense o Campeonato Galego das categorías Sub-9 e Sub-15. Neste campeonato houbo un gran cantidade de xogadores do club, tanto para os que disputaron o torneo coma os que tocou arbitralos partidos.
Na categoría Sub-9 participaron Pedro Macía e Ána Nóvoa do Club Athlos. Ámbolos dous conseguiron o primeiro posto en Individual Masculino e Feminino respectivamente e ademáis o primeiro posto en Dobres.
Na categoría Sub-15 participaron Eira Losada, Laura Fernández, Lara Fernández, Sergio Vidal, Martín Barbado, Martín Iglesias, Antonio Iglesias ,Samuel Varela e Pablo González.
Laura Fernández e Lara Fernández conseguiron medalla de bronce en Dobres Feminino.
Pablo González e Sergio Vidal conseguiron medalla de bronce en Dobres Masculino e Sergio tamén conseguiu medalla de bronce en Individual Masculino.
Martín Barbado tamén conseguiu medalla de bronce en Individual Masculino.
Enhoraboa a todos e todas!! E moitas grazas a tódalas aquelas persoas que axudaron para o bo funcionamento do campeonato e que viñeron a axudar para a colocación das pistas. Unha aperta grande!!

18/03/15

RÁNKING GALLEGO VETERANOS VIGO Y MÁSTER JÓVENES SUB-13 Y SUB-17 TORDESILLAS

Ránking Gallego Veteranos Vigo (14/03/2015)


Este Sábado 14 de Marzo disputouse en Vigo un Ránking Galego de Veteranos onde foron a xogar os veteranos do Club Athlos, Dolores Sarmiento, Luz Marina González, Nuria Fernández, Javier Galicia e Serafín González.
Dolores Sarmiento conseguiu o 4º posto en IF-A e un 2º posto en DF-A xunto con Nuria Fernández, que ademáis conseguiu o 3º posto en IF-A. Luz Marina González conseguiu o 7º posto en IF-A e o 3º posto en DF-A xunto con Vicentina Valentina Sánchez.
Javier Galicia conseguiu o 7º posto en IM-B e o 3º posto en DM-B xunto con Serafín González, que conseguiu o 4º posto en IM-B.

Máster Jóvenes Sub13 e Sub17 Tordesillas (14/03/2015)


Este fin de semana tamén tivo lugar en Tordesillas o Máster Jóvenes Sub13 e Sub17 onde foron varios xogadores de Galicia, entre eles o xogador do Club Athlos Miguel Barbado, que disputou un gran torneo conseguindo chegar á final de Individual Masculina na que perdeu contra Samuel Coca e ademáis gañou a final de Dobres Mixto con Eva Murio.

Enhoraboa a todos e a seguir traballando duro!!

08/03/15

CAMPEONATO GALEGO SUB11 E SUB19

Hoxe Domingo 8 de Marzo disputouse en A Estrada o Campeonato Galego das categorías Sub11 e Sub19 no que houbo participación do club Athlos. Na categoría Sub11 xogaron Pedro Macía, Martín Iglesias e Guillermo Macía e na categoría Sub19 xogaron Miguel Barbado, Sara Ezquerro e Gabriel Vidal.
Esta vez o club Athlos conseguiu 8 medallas repartidas deste xeito:
Na categoría Sub11, Pedro Macía e Martín Iglesias conseguiron medalla de bronce na categoría de Dobres e Martín, ademáis, conseguiu medalla de bronce en Individual Masculino.
Na categoría Sub19, Miguel Barbado conseguiu a medalla de bronce en Individual Masculino e Sara Ezquerro conseguiu tamén medalla de bronce en Individual Feminino. Ademáis, Sara Ezquerro e Gabriel Vidal conseguiron medalla de prata en Dobres Mixtos e Miguel Barbado conseguiu a de ouro en Dobres Mixtos xunto a Eva Murio.

Enhoraboa a todos e... o que sempre digo, a mellorar día a día máis e máis, demostrando que se pode loitar por alcanzar as vosas metas e logrando ensinar o mundo a beleza e o grandioso que é o Badminton.

02/03/15

CAMPEONATO GALLEGO SUB13 E SUB17

Este Domingo 1 de Marzo disputouse en As Neves o Campeonato Galego Sub13 e Sub17 onde participaron os xogadores do club Athlos. Na categoría Sub13 xogou Laura Fernández e na categoría Sub17 xogaron Miguel Barbado, Martín Barbado, Alex Bea, Brais Caride, Sergio Vidal, Pablo González, Samuel Varela, Antonio Iglesias, Marta Fernández e Marinha Paradelo.
O Club Athlos logrou en total 7 medallas que se repartiron da seguinte forma:
Miguel Barbado conseguiu dobre medalla de ouro en Individual Masculino e en Dobres Mixtos xunto con Eva Murio. Pablo González e Sergio Vidal conseguiron a medalla de prata en Dobles Masculino e ademais, Sergio conseguía a medalla de bronce en Individual Masculino. Brais Caride e Alex Bea conseguiron medalla de bronce en Dobres Masculino.
Enhoraboa a todos, tanto aqueles como conseguiron medalla coma aqueles que non conseguiron, porque demostraron o seu compromiso e esforzo. Unha aperta e a seguir mellorando cada día máis e máis.