27/12/13

SERGIO VIDAL, MARTÍN BARBADO E ANTONIO IGLESIAS Ó SBC

J. Macía. Os 3 canteráns do Club Athlos viaxarán á Concentración Interterritorial do Programa Nacional "Se Busca Campeón" que organiza o CTD do País Vasco en San Sebastián no que participará a Federación Territorial Galega cos seus mellores deportistas do programa.

Noraboa !!!

Máis info

ESPECIAL TORNEOS DO NADAL

J. Macía. Uns 70 participantes no Torneo I.E.S. Blanco Amor organizado polo Athlos e moita participación tamén nos torneos que se disputaron estes días na cidade, o Torneo da Constitución, organizado pola Asociación Deportiva Bosco e o Torneo de Nadal, organizado polo I.E.S. Otero Pedrayo.



O Torneo Blanco Amor, contou co patrocinio do I.E.S. Blamco Amor, a ANPA do I.E.S. Blanco Amor, Servizo de Deportes de Ourense da Xunta de Galicia e o Club Athlos. Foi unha boa xornada, e contouse coa presencia da prensa e de Auria TV que grabou todas as finais.


Entregaron os Trofeos e medallas:

D. José-Antonio Corral Álvarez, Presidente da ANPA “IES Bl. AMOR”.
D. Manuel Pérez González, Servicio de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense.
D. Julio Fernández Pérez, Presidente de Club Polideportivo Athlos.

Mencións especiais:

1. Medios de Comunicación (en especial a TV Auria).
2. Centros de Ensino: Salesianos, IES Otero Pedrayo e IES Blanco Amor.

Distincións, Medalla de Prata do Club Athlos:

Mª Nuria Fernández Valencia, Delegada en Ourense da Federación Galega de Bádminton.


Na sección de Galerías 2013-2014 podedes ver máis fotos.

16/12/13

FASE FINAL TORNEO I.E.S. BLANCO AMOR

J. Macía. O Torneo "I.E.S. Blanco Amor" de Bádminton 2013 chega a súa recta final. Mañá martes no IES As Lagoas e no IES Blanco Amor, disputaranse os cuartos e as semifinais nos horarios que se achegan a continuación.

Quedará todo listo para que o xoves 19, no IES Blanco Amor, ás 19:00 h. poidan disputarse as finais.

Lembrade:

Xogos e puntuación: Ó mellor de 3 xogos de 15 puntos sen prolongación.
Trofeos: Tódolos Campións Individuais.
Medallas: Tódolos Segundos clasificados individuais . 

Premio especial por sorteo entre tódolos inscritos a recoller no Acto Final de Entrega de Trofeos no IES Blanco Amor o xoves 19 de decembro ás 21,00 horas. Só se entregará o/a afortunado/a acertante se está presente. Do contrario repetirase outra vez o sorteo para ser adxudicado, os 15 minutos da proclamación anterior. Se tampouco está presente o agraciado/a, declararase premio deserto.


Esperamos contar nas bancadas con todos vos !!!!

e c@s vos@s amig@s, pais, nais, avós, avoas, parellas, familiares, veciños......


FINAIS XOVES 19 CON HORARIOS

CADROS FASE FINAL E RESULTADOS


04/12/13

Cadros, novos horarios e resultados

J. Macía. O torneo I.E.S. BLANCO AMOR vai avanzando e os xogadores van tomando posicións... 
Aiquí o podedes consultar.

02/12/13

INCRIBLE FIN DE SEMANA !!

J. Macía. Esta fin de semana disputouse o Máster Jóvenes Sub-15 e Sub-19 en Guadalajara e o Circuito Galego Sub-13 e Sub-17 (TTR) en A Estrada. Moitas crónicas comezan de xeito parecido, pero nesta ocasión, o final, vai ser de órdago:

Miguel Barbado, cun xogo excepcional e de gran calidade, gaña o Máster Jóvenes Sub-15 nunha final onde o ourensán non deu ningunha opción o seu rival Álex Alcalá, cun resultado de 21-14 e 21-15. 
Pero ademáis, tráese tamén o terceiro posto en dobles xunto co seu compañeiro Andrés Martín do C.B. Bianconero.

Grazas Miguel. Ainda que non te des conta, co teu esforzo estás abrindo as portas para que os teus compañeiros máis pequenos queiran loitar con mais ganas. Noraboa !! 


No cirucito galego, torneo impecable da canteira do Athlos. (Pablo, Samuel, Antonio, Martín e Sergio)
Pablo González caía na fase de grupos, pero catro xogadores chegaron a cuartos de final, e por ben pouco non hai semifinais só do clube. Por unha banda, a mala sorte emparellou a Samuel e a Sergio, e pola outra Antonio caía no terceiro set. Deste xeito, final do clube entre Martín Barbado e Sergio, na que Sergio Vidal levouse o título por un axustadísimo 21-17 e 23-21. 

En dobles, Segundo posto para Martín Barbado e Sergio Garcia (As Neves) que caeron na final por 21-16 e 21-18. Unha mágoa porque na fase de grupos gañaran a esta parella. 
Terceiro posto para Antonio Iglesias e Samuel Varela, que caeron ante os campións por 21-19 e 21-7.

Noraboa ós 5. Hoxe, tedes que disfrutar e reflexionar sobre o voso esforzo. Mañá, a entrenar coma ñús !!!

Na categoría Sub-17, Sara Ezquerro acadou o subcampionato. Caeu na final ante María Alonso de As Neves por 21-10 e 21-14. Ana Casas e Nacho González, xogaban o seu primeiro circuito co clube Athlos. Ana non pasa a cadros en individual. Nacho González, chega a cadros e cae na primeira ronda. Pero en dobles mixtos, Ana Casas e Nacho González tráense o subcampionato.

Noraboa !!

Temos moito que traballar, pero o intentaremos !!!!.


Resultados Circuito Galego