27/12/13

ESPECIAL TORNEOS DO NADAL

J. Macía. Uns 70 participantes no Torneo I.E.S. Blanco Amor organizado polo Athlos e moita participación tamén nos torneos que se disputaron estes días na cidade, o Torneo da Constitución, organizado pola Asociación Deportiva Bosco e o Torneo de Nadal, organizado polo I.E.S. Otero Pedrayo.



O Torneo Blanco Amor, contou co patrocinio do I.E.S. Blamco Amor, a ANPA do I.E.S. Blanco Amor, Servizo de Deportes de Ourense da Xunta de Galicia e o Club Athlos. Foi unha boa xornada, e contouse coa presencia da prensa e de Auria TV que grabou todas as finais.


Entregaron os Trofeos e medallas:

D. José-Antonio Corral Álvarez, Presidente da ANPA “IES Bl. AMOR”.
D. Manuel Pérez González, Servicio de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense.
D. Julio Fernández Pérez, Presidente de Club Polideportivo Athlos.

Mencións especiais:

1. Medios de Comunicación (en especial a TV Auria).
2. Centros de Ensino: Salesianos, IES Otero Pedrayo e IES Blanco Amor.

Distincións, Medalla de Prata do Club Athlos:

Mª Nuria Fernández Valencia, Delegada en Ourense da Federación Galega de Bádminton.


Na sección de Galerías 2013-2014 podedes ver máis fotos.

Ningún comentario: