02/12/13

INCRIBLE FIN DE SEMANA !!

J. Macía. Esta fin de semana disputouse o Máster Jóvenes Sub-15 e Sub-19 en Guadalajara e o Circuito Galego Sub-13 e Sub-17 (TTR) en A Estrada. Moitas crónicas comezan de xeito parecido, pero nesta ocasión, o final, vai ser de órdago:

Miguel Barbado, cun xogo excepcional e de gran calidade, gaña o Máster Jóvenes Sub-15 nunha final onde o ourensán non deu ningunha opción o seu rival Álex Alcalá, cun resultado de 21-14 e 21-15. 
Pero ademáis, tráese tamén o terceiro posto en dobles xunto co seu compañeiro Andrés Martín do C.B. Bianconero.

Grazas Miguel. Ainda que non te des conta, co teu esforzo estás abrindo as portas para que os teus compañeiros máis pequenos queiran loitar con mais ganas. Noraboa !! 


No cirucito galego, torneo impecable da canteira do Athlos. (Pablo, Samuel, Antonio, Martín e Sergio)
Pablo González caía na fase de grupos, pero catro xogadores chegaron a cuartos de final, e por ben pouco non hai semifinais só do clube. Por unha banda, a mala sorte emparellou a Samuel e a Sergio, e pola outra Antonio caía no terceiro set. Deste xeito, final do clube entre Martín Barbado e Sergio, na que Sergio Vidal levouse o título por un axustadísimo 21-17 e 23-21. 

En dobles, Segundo posto para Martín Barbado e Sergio Garcia (As Neves) que caeron na final por 21-16 e 21-18. Unha mágoa porque na fase de grupos gañaran a esta parella. 
Terceiro posto para Antonio Iglesias e Samuel Varela, que caeron ante os campións por 21-19 e 21-7.

Noraboa ós 5. Hoxe, tedes que disfrutar e reflexionar sobre o voso esforzo. Mañá, a entrenar coma ñús !!!

Na categoría Sub-17, Sara Ezquerro acadou o subcampionato. Caeu na final ante María Alonso de As Neves por 21-10 e 21-14. Ana Casas e Nacho González, xogaban o seu primeiro circuito co clube Athlos. Ana non pasa a cadros en individual. Nacho González, chega a cadros e cae na primeira ronda. Pero en dobles mixtos, Ana Casas e Nacho González tráense o subcampionato.

Noraboa !!

Temos moito que traballar, pero o intentaremos !!!!.


Resultados Circuito Galego

Ningún comentario: