07/04/15

RESUMO DE SEMANA SANTA

CAMPEONATO GALEGO VETERANOS (A CORUÑA) 28-03-2015
 O Sábado 28 de Marzo celebrouse en Coruña o Campeonato Galego de Veteranos no que houbo un gran participación de xogadores do Club Athlos e tamén de medallas.
Julio Fernández Valencia conseguiu o 2º posto en IM-A1, DM-A1 e DX-A1.
Jorge Macía conseguiu o 2º posto en DM-A1 e o 1º posto en DX-A1 e IM-B1.
Olalla Fernández conseguiu o 3º posto en DF-A1 e 1º posto en DX-A1.
Miriam Fernández conseguiu o 2º posto en DX-A1 e o 1º posto en IF-B1 e DF-B1.
Dolores Sarmiento conseguiu o 3º posto en IF-B1 e DF-B1.
Nuria Fernández conseguiu o 3º posto en IF-B1 e DF-B1.
Mercedes Fernández conseguiu o 2º posto en IF-B1 e o 1º posto en DF-B1 e DX-B1.
Serafín González conseguiu o 3º posto en DM-B2.
Javier Galicia conseguiu o 3º posto en DM-B2.
Julio Fernández Pérez conseguiu o 3º posto en DM-D.



NATIONS FUTURE CUP SUB-17 (AUSTRIA) 01-04-2015 a 05-04-2015
 O xogador do Club Athlos, Miguel Barbado foi convocado pola selección española Sub-17 para disputar en Austria o Nations Future Cup.
Na competición por equipos, a selección española conseguiu quedar no 4º posto despois de perder en semifinais contra Bélxica e na disputa do 3º posto contra Suíza.
En canto a competición individual, Miguel conseguiu chegar aos cuartos de final e Individual Masculino e un gran 3º posto en Dobres Masculino con Alejandro Alcalá.


CAMPEONATO GALEGO ABSOLUTO (A CORUÑA) 05-04-2015
 O Domingo 5 de Abril disputouse en Coruña o Campeonato Galego Absoluto no que represantaron ao Club Athlos Gabriel Vidal, Sara Ezquerro e Brais Fernández.
A única medalla conseguida foi a medalla de bronce de Gabriel Vidal en Dobres Masculino xunto con Esteban López.

Enhoraboa a todos!! Agora hai que seguir adestrando para conseguir os obxectivos nos campionatos nacionais. Lumeee!!