15/06/10

ATHLOS 2º NA LIGA GALEGA SUB-15 FEMININO




CLUB ATHLOS SUBCAMPIÓN GALEGO DA LIGA SUB-15.- O pasado día 12 rematou nas instalacións do Clube do Mar (A Coruña) a Liga Galega na que tiveron unha destacada actuación os nosos xogadores sub-15, especialmente as féminas cun brillante sub-campionato de Liga.


Nesta derradeira xornada Sara Galicia e Sara Ezquerro impuxeron o seu xogo ás representantes de As Neves por 3-2, e ás de Rachaplumas de Vigo por 4-1.


Pola súa parte Gabriel e Iván perderon os dous encontros con Clube do Mar e A Estrada por 5-0, pero con tanteos muy disputados en cada set.


Na clasficación conxunta, homes/mulleres, Athlos foi segundo detrás dos equipos da Estrada. Enhoraboa a todos.