30/05/14

COMPETICIÓN MÁSTER FINAL "VICTOR BÁDMINTON OURENSE 2014"

J. Macía.- Compañeir@s: Con fin da tempada, chega como tódolos anos o Máster Final.


O Máster Final "Victor Bádminton Ourense 2014" será o domingo día 15 de xuño no pavillón do Campus Universitario. Inicio competición ás 9:30. Reunión delegados ás 9.

A competición disputarase nas seguintes categorías:

Sub-9, Sub-11, Sub-13, Sub-15, Sub-17, Absoluto e veterano.

Na categoría Sub-9 e Sub-11, individual e dobles. No resto as 3 probas: Individual, dobles e dobles mixtos.

Esperamos contar con tod@s e que ademáis de participar, convidedes @s vos@s amig@s e familiares a disfrutar desta xornada. Haberá premios para cada categoría, sorteos e algunha sorpresa máis.

Ó rematar haberá 4º Set (pinchos alí o lado)

SISTEMA DE COMPETICIÓN: Liguiña por grupos e/ou cadro de eliminación dobre ou sinxelo (en función do nº de participantes)

INSCRICIÓN: A nuria@edu.xunta.es antes das 22 h do xoves, día 12 de xuño.

CUOTAS:  Por xogador/a:   3 € (Sub-17 e menos)
                  Por xogador/a: 10 € (Sub-19 e máis)
                  ( a satisfacer na reunión de delegados)


A fase previa xa se xogou no pavillón do IES As Lagoas, os seguintes días:
Venres 6 (de 18 a 21 horas) Sub-9, Sub-11 e Sub-13
Sábado 7 (de 10 a 14 horas) Absoluto e Veterano
Domingo 8 (de 10 a 14 horas) Sub-15 e Sub-17


Lume !!!!!


MARTÍN BARBADO, GRIP NEGRO DO PROGRAMA "SE BUSCA CAMPEÓN"

J. Macía.- Martín Barbado obtivo o o grip negro na XI Concentración Nacional Se Busca Campeón. Durante cinco días de intenso traballo, o Se Busca Campeón ratificou ser o programa estrela da Federación Española de Bádminton cun traballo en constante evolución.


Martín é o primeiro ourensano en logralo, o que fai que teñamos moitas esperanzas na súa evoloción.

Info da XI Concentración SBC

Sección Noticias da FESBA
Pinchando nesta ligazón, tedes un video no que se ve a Carolina Marín dándolle o grip a Martín. :)))

Noraboa Martín, e a seguir loitando !!!

20/05/14

MIGUEL BARBADO, CAMPIÓN DE ESPAÑA SUB-15

J. Macía.- Esta fin de semana diputouse en A Coruña, nas instalación do Club del Mar de San Amaro, o Campionato de España Sub-15 coa presencia dos xogadores de Athlos Miguel Barbado, Martín Barbado e Sergio Vidal, estes dous últimos aínda Sub-13 con boa competición para eles que lles servirá para ir preparando o cambio de categoría o ano que ven.

As esperanzas estaban postas en Miguel, xa que o longo do ano levouse varios Master Nacionais tanto en individual coma en dobles. Durísmo campionato e moitísimo nivel o dos participantes con partidos moi axustados.

En dobles, chegaban a semifinais e caían ante os que foron campións, logrando así o bronce.


En individual, chegaba a semifinais para enfrentarse o que foi un dos rivais mais duros durante todo o ano, Álex Alcalá. Nun espectacular partido a tres sets e dunha hora de duración, Miguel lograba o pase a final superando un set en contra por un axustadísimo 18-21 21-13 27-25.


Na final, tamén de infarto, llevávase o título noutro partido a 3 sets, fronte a Armand Rodríguez por 21-17 21-23 21-17.

Noraboa Miguel !!!

Sección de noticias da Fesba


09/05/14

FINAL PROVINCIAL DA COMPETICIÓN DE BÁDMINTON EN IDADE ESCOLAR 2014


Datas: Sábado, 10 de maio de 2014
Instalación. Polideportivo da Universidade Laboral, Ourense
Horario. A partir das 10:30h ata as 14:30 h aprox. Reunión de delegados ás 10:00h

Categorías.
BENXAMÍN: nados en 2004-2005 
INFANTIL: nados en 2000 - 2001
ALEVÍN: nados en 2002 e 2003 
CADETE: nados en 1998 e 1999

Modalidades. Xogo individual, masculino e feminino.
Xogo. Partidos a 30 puntos, con cambio de campo en 15 e sen prolongación.
Cadros de 16 xogadores . Se xogarán todos os postos posibles en función do horario
Volante de nylon
Normativa oficial da Federación Galega e do Xogade
Indumentaria adecuada

Galería de fotos

CLASIFICACIÓN FINAL PROVINCIAL COMPETICIÓN DE BÁDMINTON EN IDADE ESCOLAR

BENXAMÍN FEMININO
1º MARTINA FERNÁNDEZ (MESTRE VIDE)
2º CAROLINA CACHALDORA (MESTRE VIDE)
3º IEDA MÁRQUES (ATHLOS)
4º NORA FANDIÑO (ALLARIZ)

BENXAMÍN MASCULINO
1º ALEJANDRO GESTEIRO (MESTRE VIDE)
2º SANTI PRADA (MESTRE VIDE)
3º HUGO BORRAJO (ALLARIZ)
4º ANDRÉS ANTELO (ALLARIZ)

ALEVÍN FEMININO
1º LAURA FDEZ GÓMEZ (ATHLOS)
2º NOA GONZÁLEZ (ATHLOS)
3º SORAIA LIMA (ALLARIZ)
4º DUNA CID (ALLARIZ)

ALEVÍN MASCULINO
1º MARTÍN IGLESIAS (ATHLOS)
2º ANXO MOSQUERA (ALLARIZ)
3º MARIO ROJO (MESTRE VIDE)
4º MIGUEL CORCOBADO (MESTRE VIDE)

INFANTIL FEMININO
1º LARA FERNÁNDEZ SIERRA (ATHLOS)
2º ANA GARCÍA (AD BOSCO)
3º SHEILA PÉREZ (OTERO PEDRAYO)
4ª INÉS FERNÁNDEZ (ATHLOS)

INFANTIL MASCULINO
1º SERGIO VIDAL (ATHLOS)
2º SAMUEL VARELA (ATHLOS)
3º ANTONIO IGLESIAS (ATHLOS)
4º MARTÍN IGLESIAS PATO (ATHLOS)

CADETE FEMININO
1º MARÍA EZQUERRO (ATHLOS)
2º MARINHA PARADELO (ATHLOS)
3º NATALIA RODRÍGUEZ (OTERO PEDRAYO)
4º ALBA RODRÍGUEZ (OTERO PEDRAYO)

CADETE MASCULINO
1º ALEX BEA (ATHLOS)
2º BRAIS CARIDE (ATHLOS)
3º VICENTE BASCOY (OTERO PEDRAYO)
4º MIGUEL BASCOY (OTERO PEDRAYO)

OS VETERÁNS DO ATHLOS SEGUEN AMOSANDO O CAMIÑO

J. Macía.- Os días 2, 3 e 4 de maio disputouse o Campionato de España de Veteráns en Cedeira. Coma sempre, un orgullo participar con auténticos guerrilleiros do bádminton, bos amigos e grandes competidores.
Ambiente e organización impecable.


O club Athlos, acadou un total de 1 ouro, 4 pratas e 6 bronces.


Mercedes Fernández, campiona de España en mixtos xunto con Bernardo Galmes de Colegio Parque.


 Subcampiones de España:

Olalla Fernández DF A1 con Vanesa Serrano de Bianconero

Jorge Macía, IM A2

Cristina Iglesias DF A2 xunto con M. Jesús Almagro de Alicante


Gemma Cardigonde DF B1 xunto con Catherine Stewart de Bianconero


 Ademáis, bronce para:

Julio Fernández e Rubén Fernández en DM A1

Rubén Fernández e Vanesa Serrano en DX A1

Jorge Macía e Alfonso Castelo en DM A2

Jorge Macía e Olalla Fernández en DX A2

Cristina Iglesias en IF B1

Mercedes Fernández en IF B2


Noraboa a tod@s e a seguir loitando !!!

A CANTEIRA DO ATHLOS ARRASA EN OVIEDO

J. Macía.- 3 ouros e 4 bronces trouxeron @s moz@s do club Athlos a Ourense do Máster nacional disputado en Oviedo os días 3 e 4 de maio. Desprazáronse Sergio Vidal, Martín Barbado, Antonio Iglesias, Miguel Barbado e Sara Ezquerro.

Extraordinaria actución de todos eles e grandes expectativas do que pode acontecer nos vindeiros campionatos de España.

Na categoría Sub-13, Martín Barbado lograba o 1º posto en individual e o 3º posto en dobles xunto con Sergio Garcia de As Neves. Moi ben Martín !!!!!!

Sergio Vidal, cun excelente xogo lograba o 3º posto en individual e en mixtos xunto con Aldara Liñares de A Estrada e Antonio Iglesias xogou un torneo impecable ainda que non lle acompañasen os resultados.

En Sub-17, Miguel Barbado acadaba o 1º posto en individual e o 1º posto en mixtos xunto con Sara Ezquerro. Ademáis Sara, levávase o bronce en individual.




Noraboa moz@s !!! Estamos moi orgullosos. Toca apretar moito nesta recta final da tempada...



ÉXITO NO CIRCUITO GALEGO (TTR) Sub 13 e Sub 17 - Vigo

J. Macía.- Gran actuación do Athlos no circuito galego celebrado en Vigo o 27 de abril cun total de 3 ouros, unha prata e 4 bronces.

Na categoría Sub-13, Sergio Vidal gañaba en individual e en mixtos xunto con Aldara Liñares de CB A Estrada. Martín Barbado acadaba o 3º posto en individual e tamén en dobles con Boris Bunimov de Los Sauces. Antonio Iglesias e Samuel Varela lograban a prata en dobles con bo campionato.

Na categoría Sub-17, Miguel Barbado e Sara Ezquerro acadaban o bronce nos seus individuais, pero subían o máis alto do caixón en mixtos.

Noraboa a tod@s !!!!




Campeonato de España Sub 19 2014

J. Macía.- Os días 18, 19 e 20 de abril celebrouse o Campionato de España Sub-19 en Ponteareas coa representación de Gabriel Vidal, Sara Galicia e Sara Ezquerro. Nesta ocasión, non pudo pasarse ningunha ronda, ainda que se xogou a un bo nivel. 


Máster Jóvenes-Sub 13 e Sub 17 - Medina del campo

J. Macía.- Os días 12 e 13 de abril disputouse o Máster Sub-13 e Sub-17 en Medina del Campo con dúas pratas para o club Athlos. Miguel Barbado en individual e en mixtos xunto con Sara Ezquerro subían o podio. Desprazáronse tamén Martín Barbado e Antonio Iglesias que fixeron un bo campeonato.