09/05/14

ÉXITO NO CIRCUITO GALEGO (TTR) Sub 13 e Sub 17 - Vigo

J. Macía.- Gran actuación do Athlos no circuito galego celebrado en Vigo o 27 de abril cun total de 3 ouros, unha prata e 4 bronces.

Na categoría Sub-13, Sergio Vidal gañaba en individual e en mixtos xunto con Aldara Liñares de CB A Estrada. Martín Barbado acadaba o 3º posto en individual e tamén en dobles con Boris Bunimov de Los Sauces. Antonio Iglesias e Samuel Varela lograban a prata en dobles con bo campionato.

Na categoría Sub-17, Miguel Barbado e Sara Ezquerro acadaban o bronce nos seus individuais, pero subían o máis alto do caixón en mixtos.

Noraboa a tod@s !!!!




Ningún comentario: