20/05/14

MIGUEL BARBADO, CAMPIÓN DE ESPAÑA SUB-15

J. Macía.- Esta fin de semana diputouse en A Coruña, nas instalación do Club del Mar de San Amaro, o Campionato de España Sub-15 coa presencia dos xogadores de Athlos Miguel Barbado, Martín Barbado e Sergio Vidal, estes dous últimos aínda Sub-13 con boa competición para eles que lles servirá para ir preparando o cambio de categoría o ano que ven.

As esperanzas estaban postas en Miguel, xa que o longo do ano levouse varios Master Nacionais tanto en individual coma en dobles. Durísmo campionato e moitísimo nivel o dos participantes con partidos moi axustados.

En dobles, chegaban a semifinais e caían ante os que foron campións, logrando así o bronce.


En individual, chegaba a semifinais para enfrentarse o que foi un dos rivais mais duros durante todo o ano, Álex Alcalá. Nun espectacular partido a tres sets e dunha hora de duración, Miguel lograba o pase a final superando un set en contra por un axustadísimo 18-21 21-13 27-25.


Na final, tamén de infarto, llevávase o título noutro partido a 3 sets, fronte a Armand Rodríguez por 21-17 21-23 21-17.

Noraboa Miguel !!!

Sección de noticias da Fesba


Ningún comentario: