09/05/14

A CANTEIRA DO ATHLOS ARRASA EN OVIEDO

J. Macía.- 3 ouros e 4 bronces trouxeron @s moz@s do club Athlos a Ourense do Máster nacional disputado en Oviedo os días 3 e 4 de maio. Desprazáronse Sergio Vidal, Martín Barbado, Antonio Iglesias, Miguel Barbado e Sara Ezquerro.

Extraordinaria actución de todos eles e grandes expectativas do que pode acontecer nos vindeiros campionatos de España.

Na categoría Sub-13, Martín Barbado lograba o 1º posto en individual e o 3º posto en dobles xunto con Sergio Garcia de As Neves. Moi ben Martín !!!!!!

Sergio Vidal, cun excelente xogo lograba o 3º posto en individual e en mixtos xunto con Aldara Liñares de A Estrada e Antonio Iglesias xogou un torneo impecable ainda que non lle acompañasen os resultados.

En Sub-17, Miguel Barbado acadaba o 1º posto en individual e o 1º posto en mixtos xunto con Sara Ezquerro. Ademáis Sara, levávase o bronce en individual.




Noraboa moz@s !!! Estamos moi orgullosos. Toca apretar moito nesta recta final da tempada...



Ningún comentario: