27/12/13

SERGIO VIDAL, MARTÍN BARBADO E ANTONIO IGLESIAS Ó SBC

J. Macía. Os 3 canteráns do Club Athlos viaxarán á Concentración Interterritorial do Programa Nacional "Se Busca Campeón" que organiza o CTD do País Vasco en San Sebastián no que participará a Federación Territorial Galega cos seus mellores deportistas do programa.

Noraboa !!!

Máis info

ESPECIAL TORNEOS DO NADAL

J. Macía. Uns 70 participantes no Torneo I.E.S. Blanco Amor organizado polo Athlos e moita participación tamén nos torneos que se disputaron estes días na cidade, o Torneo da Constitución, organizado pola Asociación Deportiva Bosco e o Torneo de Nadal, organizado polo I.E.S. Otero Pedrayo.



O Torneo Blanco Amor, contou co patrocinio do I.E.S. Blamco Amor, a ANPA do I.E.S. Blanco Amor, Servizo de Deportes de Ourense da Xunta de Galicia e o Club Athlos. Foi unha boa xornada, e contouse coa presencia da prensa e de Auria TV que grabou todas as finais.


Entregaron os Trofeos e medallas:

D. José-Antonio Corral Álvarez, Presidente da ANPA “IES Bl. AMOR”.
D. Manuel Pérez González, Servicio de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense.
D. Julio Fernández Pérez, Presidente de Club Polideportivo Athlos.

Mencións especiais:

1. Medios de Comunicación (en especial a TV Auria).
2. Centros de Ensino: Salesianos, IES Otero Pedrayo e IES Blanco Amor.

Distincións, Medalla de Prata do Club Athlos:

Mª Nuria Fernández Valencia, Delegada en Ourense da Federación Galega de Bádminton.


Na sección de Galerías 2013-2014 podedes ver máis fotos.

16/12/13

FASE FINAL TORNEO I.E.S. BLANCO AMOR

J. Macía. O Torneo "I.E.S. Blanco Amor" de Bádminton 2013 chega a súa recta final. Mañá martes no IES As Lagoas e no IES Blanco Amor, disputaranse os cuartos e as semifinais nos horarios que se achegan a continuación.

Quedará todo listo para que o xoves 19, no IES Blanco Amor, ás 19:00 h. poidan disputarse as finais.

Lembrade:

Xogos e puntuación: Ó mellor de 3 xogos de 15 puntos sen prolongación.
Trofeos: Tódolos Campións Individuais.
Medallas: Tódolos Segundos clasificados individuais . 

Premio especial por sorteo entre tódolos inscritos a recoller no Acto Final de Entrega de Trofeos no IES Blanco Amor o xoves 19 de decembro ás 21,00 horas. Só se entregará o/a afortunado/a acertante se está presente. Do contrario repetirase outra vez o sorteo para ser adxudicado, os 15 minutos da proclamación anterior. Se tampouco está presente o agraciado/a, declararase premio deserto.


Esperamos contar nas bancadas con todos vos !!!!

e c@s vos@s amig@s, pais, nais, avós, avoas, parellas, familiares, veciños......


FINAIS XOVES 19 CON HORARIOS

CADROS FASE FINAL E RESULTADOS


04/12/13

Cadros, novos horarios e resultados

J. Macía. O torneo I.E.S. BLANCO AMOR vai avanzando e os xogadores van tomando posicións... 
Aiquí o podedes consultar.

02/12/13

INCRIBLE FIN DE SEMANA !!

J. Macía. Esta fin de semana disputouse o Máster Jóvenes Sub-15 e Sub-19 en Guadalajara e o Circuito Galego Sub-13 e Sub-17 (TTR) en A Estrada. Moitas crónicas comezan de xeito parecido, pero nesta ocasión, o final, vai ser de órdago:

Miguel Barbado, cun xogo excepcional e de gran calidade, gaña o Máster Jóvenes Sub-15 nunha final onde o ourensán non deu ningunha opción o seu rival Álex Alcalá, cun resultado de 21-14 e 21-15. 
Pero ademáis, tráese tamén o terceiro posto en dobles xunto co seu compañeiro Andrés Martín do C.B. Bianconero.

Grazas Miguel. Ainda que non te des conta, co teu esforzo estás abrindo as portas para que os teus compañeiros máis pequenos queiran loitar con mais ganas. Noraboa !! 


No cirucito galego, torneo impecable da canteira do Athlos. (Pablo, Samuel, Antonio, Martín e Sergio)
Pablo González caía na fase de grupos, pero catro xogadores chegaron a cuartos de final, e por ben pouco non hai semifinais só do clube. Por unha banda, a mala sorte emparellou a Samuel e a Sergio, e pola outra Antonio caía no terceiro set. Deste xeito, final do clube entre Martín Barbado e Sergio, na que Sergio Vidal levouse o título por un axustadísimo 21-17 e 23-21. 

En dobles, Segundo posto para Martín Barbado e Sergio Garcia (As Neves) que caeron na final por 21-16 e 21-18. Unha mágoa porque na fase de grupos gañaran a esta parella. 
Terceiro posto para Antonio Iglesias e Samuel Varela, que caeron ante os campións por 21-19 e 21-7.

Noraboa ós 5. Hoxe, tedes que disfrutar e reflexionar sobre o voso esforzo. Mañá, a entrenar coma ñús !!!

Na categoría Sub-17, Sara Ezquerro acadou o subcampionato. Caeu na final ante María Alonso de As Neves por 21-10 e 21-14. Ana Casas e Nacho González, xogaban o seu primeiro circuito co clube Athlos. Ana non pasa a cadros en individual. Nacho González, chega a cadros e cae na primeira ronda. Pero en dobles mixtos, Ana Casas e Nacho González tráense o subcampionato.

Noraboa !!

Temos moito que traballar, pero o intentaremos !!!!.


Resultados Circuito Galego

27/11/13

TORNEOS NA CIDADE NOS VINDEIROS DÍAS

J. Macía. Achégovos información dos Torneos que vos poden interesar. Ademáis do Torneo que organiza o Athlos, o TORNEO I.E.S. BLANCO AMOR, do que xa informei fai uns días e do que tedes as bases noutra entrada deste blog, agora se convocan, coma outros anos, os seguintes:

- TORNEO  I.E.S. BLANCO AMOR. Adxunto os cadros de xogo, días e horarios. Se algún falta o día que lle toca, terá unha segunda oportunidade.

¡¡ CADROS DE XOGO !! Días e horarios

- TORNEO DE LA CONSTITUCIÓN, día 6 de decembro, Escolar, organizado por Asociación Deportiva Bosco


- TORNEO DE NADAL, día 23 de decembro, Escolar, organizado por I.E.S. Otero Pedrayo.

Bases Actualizadas !!

En canto teña máis novidades, colgareinas aiquí.

26/11/13

Primeira proba do Ranking Galego de Veteráns

J. Macía. O sábado 23 de novembro disputouse na Universidade Laboral de Ourense a primeira proba do Ranking Galego de Veteráns. Pouca participación a pesar da representación casi completa dos clubes galegos. Bos resultados para o Ahtlos, sobre todo na categoría "A", onde se acadaron varios podios. 


22/11/13

O HOME DE ACEIRO ROMPEU O RECORD DE ESPAÑA DE REMO INDOOR

J. Macía. Claro está de quen estamos a falar cando falamos do home aceiro. Julio Fernández Pérez, logrou rompe-lo record de España de 2.000 m. na XV Regata Popular de Remo Indoor de Donostia. E non é a primerira vez. Xa fixo tal o ano pasado. Un título máis, que seica non lle chegan, a un dos mellores veteráns polideportivos de España.

O pasado sábado 16 de novembro tivo lugar no Polideportivo Municipal de Benta Berri a XV Regata Popular de Remo Indoor de Donostia. 

O número total de participantes que acudiron a esta festa do remo indoor ascendeu ata os 319, quedando patente cómo as competicións de remo indoor atraen cada día a máis e máis deportistas, que chegan de ximnasios, polideportivos ou clubes de remo como a particulares que reman na casa.




Foron catro @s participantes que lograron rompe-los Récords de España de 2.000 metros en distintas categorías de peso e edade. Esta é a relación d@s protagonistas e os récords acadados:

FEMININO

40-49      Eloisa Ibarra Gimnasio Chedu - Castro Urdiales       7:58,9

MASCULINO

50-59PL   Juan Antonio Ilarza Arkote A.T. - Plentzia                6:53,3
70-79       Julio Fernández C.N. Castrelo do Miño - Ourense   7:48,5
80-89PL  John Rushton Moraira Teulada - Alicante                  8:59,1

Noraboa Julio !!!!!



18/11/13

Curso de Nivel I de Bádminton. Entrenador de Club

J. Macía. O curso de Nivel I - Entrenador de club de Bádminton que se está a realizar en Madrid, a piques de rematar a parte específica.  

Este curso de nivel I intégrase dentro da formación académica da Federación Mundial (BWF) a través da Federación Europea de Bádminton (BE) recibindo os alumnos que superen o mesmo, ademais da titulación de entrenador de nivel I que se conceda para tales estudios no territorio nacional, a titulación de entrenador “BEC-BWF Coach Level 1”

A Rubén Fernández e Jorge Macía do Club Athlos xa lles queda un último fin de semana para poder comezar coa parte práctica, claro está, de supera-lo curso coa calificación de aptos.

Deste xeito, serán tres os xogadores do Athlos que poderán contar con esa titulación, xa que Gemma Cardigonde, atópase xa na fase de prácticas o ter realizada a parte específica no curso do mes de maio.

Unha moi boa experiencia, chea de bos xogadores e mellores compañeiros, e que ademais de contar cun profesarado inmellorable, o curso realízase no CARD de Madrid, e durante o curso, pódense ver entrenar algunhas das mellores raquetas de España... e do mundo.



TORNEO I.E.S. BLANCO AMOR DE BÁDMINTON 2013

J. Macía. O club Polideportivo Athlos Ourense organiza o Torneo I.E.S. Blanco Amor de Bádminton 2013, que conta co patrocinio do I.E.S. Blamco Amor, a ANPA do I.E.S. Blanco Amor, Servizo de Deportes de Ourense da Xunta de Galicia e o Club Athlos.

Participación: Aberta a todo o alumnado dos Centros de Ensino de Ourense con licencia escolar ou federada en categorías menores. En absolutos cidadáns de toda a provincia de Ourense.

Máis info no seguinte documento:

Moi bo video de motivación

J. Macía. No último adestramento, vimos este video de motivación para deportistas. Se algún de vos non estivo ou o queredes ver de novo, velaí vai. 


Martín Barbado, Terceiro posto en dobles Sub-13 no Máster Jóvenes de Estella

J. Macía. Espectacular torneo disputado por Martín Barbado os días 16 e 17 de novembro no Máster Jóvenes Sub-13 celebrado en Estella. 

O xoven xogador do Athlos acadou cuartos de final en individual e caeu fronte o subcampión de España por 21-19 e 21-13. Unha mágoa pois o primeiro set escapouse por moi pouco, xa que foi por diante casi todo o tempo. Moitas esperanzas con estes resultados nos que vemos que Martín está xa a altura dos mellores do país.

En dobles, xunto co xogador de C.B. As Neves Sergio García, lograron un estupendo terceiro posto.

Noraboa, Martín !!

Martín do Athlos, xunto coa expedición Galega.

Miguel Barbado na élite do Bádminton Nacional

J. Macía. Miguel Barbado acadou o primeiro posto no dobles Sub-15 no Máster Jóvenes disputado os días 9 e 10 de novembro en San José de la Rinconada.

Gran campeonato do noso xogador, que alcanzou semifinais e caeu ante o seu compañeiro de dobles por 21-17 e 21-16, logrando así o terceiro posto.

En dobles, xunto con Andrés Martín de C.B. Bianconero acadaban o triunfo sen ceder ningún set.


Noraboa, Miguel !!





Excelentes resultados no Circuito Nacional de Veteráns de Santander

J. Macía.- Excelentes resultados no circuito nacional de veteráns que se disputou en Santander o sábado 9 de novembro.


Noraboa a tod@s !!

Consultade os cadros de vencedores no enlace, están cheos dos nosos xogadores !!

Resultados


O Athlos feminino arrasa na Primeira Xornada da Liga Galega de Clubes

J. Macía.- O equipo feminino absoluto do Athlos comezou con pleno total na Primeira Xornada da Liga Galega de Clubes que se disputou o 27 de outubro nas instalación do Club del Mar en A Coruña.

O equipo feminino estivo representado por Sara Galicia, Sara Ezquerro e Olalla Fernández. As xogadoras gañaron os 2 encontros disputados e encabezan a clasificación. Deste xeito, gañaron o primeiro encontro ante o equipo C.B. Li-Ning A Estrada "A" por 3-2 e o segundo encontro ante o equipo C.B. Li-Ning A Estrada "B" por un contundente 5-0.

O equipo masculino estivo representado por Miguel Barbado, Rubén Fernández e Gabriel Vidal. Os xogadores non tiveron a mesma sorte e perderon os 2 encontros disputados, ainda que algúns partidos estiveron bastante axustados. O primeiro encontro fronte o equipo C.B. As Neves "B" por 3-2 e fronte o Club del Mar de San Amaro por un duro 5-0.

Seguinte xornada o 14 de decembro en As Neves.

Sara Galicia e Sara Ezquerro acadan o segundo posto no TTR Absoluto de Asturias

J. Macía.- Primeira participación da tempada no TTR Absoluto de Asturias. O 5 de outubro, o Athlos desplazouse a terras asturianas coa representación dos xogadores Rubén Fernández, Julio Fernández, Arturo Martínez e Gabriel Vidal e das xogadoras Sara Galicia e Sara Ezquerro.

Boa actuación dos nosos xogadores, na que temos que destacar o segundo posto acadado pola parella Sara Galicia/Sara Ezquerro no dobles feminino absoluto.



Noraboa !!

Máis info


05/08/13

LICENCIAS 2.013-14
Para poder iniciar os adestramentos e outras actividades temos primeiro que ter tramitada a licencia federativa desta nova tempada. Renovar xa, e sempre antes de iniciar as actividades.

03/08/13

CALENDARIO NACIONAL DE BÁDMINTON 2.013-14 Na páxina da Federación Española de Bádminton pódese ver o calendario 2.013-14.