22/11/13

O HOME DE ACEIRO ROMPEU O RECORD DE ESPAÑA DE REMO INDOOR

J. Macía. Claro está de quen estamos a falar cando falamos do home aceiro. Julio Fernández Pérez, logrou rompe-lo record de España de 2.000 m. na XV Regata Popular de Remo Indoor de Donostia. E non é a primerira vez. Xa fixo tal o ano pasado. Un título máis, que seica non lle chegan, a un dos mellores veteráns polideportivos de España.

O pasado sábado 16 de novembro tivo lugar no Polideportivo Municipal de Benta Berri a XV Regata Popular de Remo Indoor de Donostia. 

O número total de participantes que acudiron a esta festa do remo indoor ascendeu ata os 319, quedando patente cómo as competicións de remo indoor atraen cada día a máis e máis deportistas, que chegan de ximnasios, polideportivos ou clubes de remo como a particulares que reman na casa.




Foron catro @s participantes que lograron rompe-los Récords de España de 2.000 metros en distintas categorías de peso e edade. Esta é a relación d@s protagonistas e os récords acadados:

FEMININO

40-49      Eloisa Ibarra Gimnasio Chedu - Castro Urdiales       7:58,9

MASCULINO

50-59PL   Juan Antonio Ilarza Arkote A.T. - Plentzia                6:53,3
70-79       Julio Fernández C.N. Castrelo do Miño - Ourense   7:48,5
80-89PL  John Rushton Moraira Teulada - Alicante                  8:59,1

Noraboa Julio !!!!!



1 comentario:

Anónimo dixo...

Noraboa unha vez máis, pai!