18/11/13

O Athlos feminino arrasa na Primeira Xornada da Liga Galega de Clubes

J. Macía.- O equipo feminino absoluto do Athlos comezou con pleno total na Primeira Xornada da Liga Galega de Clubes que se disputou o 27 de outubro nas instalación do Club del Mar en A Coruña.

O equipo feminino estivo representado por Sara Galicia, Sara Ezquerro e Olalla Fernández. As xogadoras gañaron os 2 encontros disputados e encabezan a clasificación. Deste xeito, gañaron o primeiro encontro ante o equipo C.B. Li-Ning A Estrada "A" por 3-2 e o segundo encontro ante o equipo C.B. Li-Ning A Estrada "B" por un contundente 5-0.

O equipo masculino estivo representado por Miguel Barbado, Rubén Fernández e Gabriel Vidal. Os xogadores non tiveron a mesma sorte e perderon os 2 encontros disputados, ainda que algúns partidos estiveron bastante axustados. O primeiro encontro fronte o equipo C.B. As Neves "B" por 3-2 e fronte o Club del Mar de San Amaro por un duro 5-0.

Seguinte xornada o 14 de decembro en As Neves.

Ningún comentario: