18/11/13

Curso de Nivel I de Bádminton. Entrenador de Club

J. Macía. O curso de Nivel I - Entrenador de club de Bádminton que se está a realizar en Madrid, a piques de rematar a parte específica.  

Este curso de nivel I intégrase dentro da formación académica da Federación Mundial (BWF) a través da Federación Europea de Bádminton (BE) recibindo os alumnos que superen o mesmo, ademais da titulación de entrenador de nivel I que se conceda para tales estudios no territorio nacional, a titulación de entrenador “BEC-BWF Coach Level 1”

A Rubén Fernández e Jorge Macía do Club Athlos xa lles queda un último fin de semana para poder comezar coa parte práctica, claro está, de supera-lo curso coa calificación de aptos.

Deste xeito, serán tres os xogadores do Athlos que poderán contar con esa titulación, xa que Gemma Cardigonde, atópase xa na fase de prácticas o ter realizada a parte específica no curso do mes de maio.

Unha moi boa experiencia, chea de bos xogadores e mellores compañeiros, e que ademais de contar cun profesarado inmellorable, o curso realízase no CARD de Madrid, e durante o curso, pódense ver entrenar algunhas das mellores raquetas de España... e do mundo.



Ningún comentario: