12/10/15

Bos resultados 11-12 de Outubro

Este fin de semana tivemos moitos frentes abertos, en Dinamarca, Miguel, acadou un bo resultado ó pasar a cuadro despois de gañar dous partidos, contra o terceiro de Dinamarca e contra un xogador suizo. Finalmente perdeu no terceiro set contra o campeón Sueco.
En Huelva, Sara fixo unha mais que notable actuación axudando o' clube das Neves a gañar os seus tres primeiros enfrentamentos de liga.
Mentres tanto, na laboral, os nosos "rapaces" disfrutaron dunha entretida xornada de ranking.


Ningún comentario: