10/02/10

CAMPIONATOS GALEGOS SUB-11 e SUB-15




A ESTRADA 7 de Marzo de 2010



Ver resultados completos en http://www.todostorneos.es/
CAMPIONATOS GALEGOS SUB-11:
MIGUEL BARBADO de Athlos CAMPIÓN GALEGO INDIVIDUAL SUB-11.
MARÍA EZQUERRO de Athlos Medalla de Bronce en INDIVIDUAL Sub-11.
POR CLUBES: CLUB ATHLOS 2º.
Destacadas actuacións de: Sergio Vidal campión de grupo e Martín Barbado 2º de grupo nas fases previas, pasando ambos ó cadro de 16 finalistas xunto ó brillante Campión Miguel. Lástima que un nefasto cadro de finalistas enfrentase ós tres representantes de Athlos, impedindo chegar a finalistas a dous dos nosos xogadores.
Na modalidade feminina María chegou a semifinais perdendo por un apretado tanteo de 21-19 e 27-25 coa que sería campiona Yabsera da Estrada.
CAMPIONATOS GALEGOS SUB-15:
SARA GALICIA/SARA EZQUERRO DE ATHLOS MEDALLA DE BRONCE.
CLUB ATHLOS 4º POR EQUIPOS.
Nas fases previas individuais Gabriel e Iván quedaron descolgados ó rematar no 3º e 4º posto, respectivamente (pasan ó cadro de finalistas 16 xogadores, 1º e 2º de cada un dos 8 grupos), mentres en individuais femininos pasou a cadro de finalistas Sara Galicia como campiona de grupo e cumpría no seu debut Yaiza. Sara rematou en cuartos de final.
Bo debut en dobres masculinos de Victor e Jesús chegando a cuartos de final. Sotelo e Vidal quedaban nas fases previas.
En dobres femininos bo papel de Diana e Gema, teceiras de grupo mentres as Saras Galica e Ezquerro pasaban ó cadro de finalistas como primeiras de grupo para rematar terceiras o ser vencidas somentes pola parella vencedora formada por Nerea/Ana da Estrada.
Por último en dobres mixtos chegaron a finalistas Victor/Sara, mentres eran terceiros nos seus grupos de clasificación os restantes participantes: Llorente/Gema, Valverde/Diana e Mariño/Yaiza.
En resumo uns excelentes Campionatos Galegos.

Ningún comentario: