15/02/11

ESTUPENDO SEGUNDO POSTO EN DOBRES MIXTOS PARA O OURENSÁN MIGUEL BARBADO

ESTUPENDO SEGUNDO POSTO EN DOBRES MIXTOS PARA O OURENSÁN MIGUEL BARBADO

O xogador do Club Athlos, xunto a Eva Murio, de Vigo,
únicos representantes galegos no Circuito Nacional de Bádminton
celebrado en Toledo esta fin de semana, remata unha excelente
participación co 2º posto na modalidade de dobres mixtos.
Miguel conta co mérito engadido de disputar un Torneo de
categoría 5 estrelas, con participación de 200 deportistas, o que
obrigou á Federación Española a limitar a inscrición.

Parabéns para Miguel Barbado Fernández.

Ningún comentario: