01/12/11

Circuito Galego Sub-13/17 e Absoluto

Miguel Barbado, lidera o ranking galego individual e nos mixtos con María Ezquerro.
Este sábado 3 de decembro-011, organizamos conxuntamente coa U. Laboral o Circuito Galego das categorías sub-13, sub-17 e absoluta, no pavillón da Laboral dende as 9 horas ata +- as 22 horas. Boa colaboración de tod@s para arbitraxes, líneas,... e animadores. Xornada maratoniana con bádminton de primeira línea nacional dende as 9 ata as 22 horas.
Destacada participación de Gabriel Vidal e Iván Mariño terceiros en dobres sub-17, Sara Galicia, Sara Ezquerro, Sergio Vidal 3º individual en sub-13, Martín Barbado e Samuel Varela.
Detalle dos resultados en: http://www.todostorneos.es/sport/tournament.aspx?id=8BA820CB-BF56-4ADF-AFD9-84BEB66D26AE
Con tal motivo non houbo adestramento no IES Bl. Amor.
Esta competición e puntuable para o Ranking de España que condiciona a posibilidade de participar nas fases finais dos Campionatos de España das diversas categorías.
(Están a disposición dos interesados sudadeiras có escudo de Athlos.)

Ningún comentario: