09/02/15

1º XORNADA DA LIGA DE ASCENSO DE SEGUNDA E CIRCUITO GALEGO SUB-11 E SUB-19

Este fin de semana estivo cargado de competicións e de emocións para o club. Empezou o Sábado 7 en A Estrada onde tivo lugar a primeira xornada da liga de segunda división de Galicia na que se enfrentaron o Club Athlos Badminton contra Club Badminton As Neves "B" que saldouse cunha victoria cun parcial de 7-0 a favor do Athlos.
Os intregantes do equipo foron Rubén Fernández, Sergio Vidal, Antonio Iglesias, Sara Galicia, Sara Ezquerro e Dolores Sarmiento.
O Domingo 8 disputouse tamén en A Estrada o Circuito Galego Sub-11 e Sub-19 no que representaron ao club Pedro Macía e Martín Iglesias na categoría de Sub-11 e Gabriel Vidal, Sara Ezquerro e Miguel Barbado na categoría de Sub-19.
En Individual Masculino Sub-11 produciuse un enfrontamento en cuartos entre os dous integrantes do Athlos, Martín e Pedro, que se saldou coa victoria do primeiro. Despois non pudo pasar de semifinais tras un duro encontro.
En canto a categoría Sub-19, Gabriel Vidal e Sara Ezquerro conseguiron o terceiro posto en Dobres Mixtos, categoría na que Miguel Barbado xunto con Eva Murio conseguían o primeiro posto. En Individual Masculino, Gabriel conseguiu chegar aos cuartos de final e Miguel ás semifinais. E en Individual Feminino, Sara consegiu chegar ás semifinais.
Enhoraboa a todos e a seguir adestrando para cada día mellorar!!

Ningún comentario: