20/09/15

CAMPAÑA DE SOCIOS CLUB ATHLOS

Faite socio e invita a que se fagan ós teus amigos.
Os socios por medio da Asamblea marcan as directrices do clube. A Directiva executa as decisións da Asamblea. 
A Xunta Directiva comunica que está aberta a inscrición de socios do Clube Athlos, coas seguintes cuotas anuais:
  • SOCIO FAMILIAR (cun voto por familia) 25 €. (Toda a familia ten dereito a participar nas actividades organizadas polo clube, cada familia un voto). 
  • SOCIO INDIVIDUAL (só adultos) 18 €.
Se non eres socio, NIN VOZ NIN VOTO... NIN DEREITO A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DE ATHLOS.
Lémbrade que para ter opcións de participación nas actividades do clube é imprescindible ser socio do clube.
     O futuro do Clube depende sempre da vontade dos seus socios. Entre todos farémolo grande.

Ningún comentario: