Estimad@s soci@s,
estamos organizando unha xornada outonal de convivencia dirixida ao conxunto de soci@s do Clube Athlos en Muíños o 26 e 27 de Novembro de 2016.
O obxectivo desta actividade é traballar a condición física dos nosos xogadores e familias nun entorno natural, así como crear un espazo para coñecernos un pouquiño máis.
O custo da actividade será de 30€ por persoa e de 25 por sucesivos membros da familia. Neste prezo está incluído: durmir en albergue en habitación colectiva + cea sábado + almorzo domingo + xantar domingo. A comida do sábado será tipo pícnic e cada participante levará a súa.
CONSIDERACIÓNS
- Os participantes deberán ser autónomos no seu coidado persoal.
- No caso de existir calquer intolerancia alimentaria ou alerxia, deberédelo comunicar na folla de inscrición.
- O incumprimento por parte dos participantes das normas fixadas polos responsables da expedición, suporá o aviso dos titores e poderá influír na súa participación en futuros eventos.
Levaremos…
- Toalla, enseres de aseo e chancletas.
- Roupa e material para adestrar e camiseta vermella do clube (en caso de chegar para esta data).
- Roupa de abrigo e mudas suficientes (ímonos mollar!!)
- Lanterna para velada nocturna
- Moitas ganas de esforzarnos nos adestramentos e de desfrutar das actividades no medio natural.
PLAN:
SÁBADO 26
- Recepción de participantes (transporte cada un pola súa conta, faremos grupo de whatsapp para levar o menor nº de coches posible)
- Roteiro de sendeirismo
- Comida de picnic ao longo do roteiro (cada quen leva a súa)
- Adestramento no pavillón
- Cea
- Velada nocturna
DOMINGO 27
- Estiramentos, mindfulness
- Almorzo
- Actividade náutica: piragüismo
- Xantar
- Despedida
Para poder participar tendes que cubrir o formulario e entregalo xunto co xustificante de ter feito o ingreso bancario a:
- Nº de conta: ES71 2080 5252 9730 4001 0685. CONCEPTO: Convivencia Muíños e os nomes dos participantes.
Hai prazas limitadas, adxudicadas por orde de inscrición. Tendes até o día 15 de Novembro para apuntarvos.
AUTORIZACIÓN DE SAÍDA DE CONVIVENCIA MUÍÑOS
Don/Dona…................................................................................................. con DNI......................
como pai/nai ou titor/titora do/a xogador/a …..............................................................................
dou a miña autorización para que asista a unha convivencia en MUÍÑOS os días 26 e 27 de Novembro de 2016 co CLUBE ATHLOS.
Teléfonos de contacto en orde preferente
- …........................................
- ...........................................
- …........................................
e-mail:……………………………………………………………………………………
Algunha alerxia ou intolerancia alimentaria?
Sabe nadar?
Algunha outra circunstancia que considere oportuno indicar?
Ourense,…..... de Novembro de 2016
Ningún comentario:
Publicar un comentario