28/10/12

Parabéns a Rubén Fernández González.

  Meritoria actuación de Rubén no "IV Open Gijón 2012", puntuable 
para o Ránking estatal Absoluto (6 de outubro)  e no
 Bádminton GP-CAN-Solares (7*) o 20 e 21 de outubro.
Rubén contra o olímpico Pablo Abián no GP de Solares

24/09/12

Miguel Barbado ao Centro de Tecnificación

O destacado xogador de Athlos Miguel Barbado resultou seleccionado para residir no Centro de Tecnificación de Bádminton que a Federación ten funcionando na localidade de A Estrada.
Con tal motivo seguirá os seus estudos no Instituto desta vila ó mesmo tempo que asistirá ós adestramentos diarios no pavillón dos deportes.
Desexámoslle o mellor aproveitamento nas dúas actividades: estudo e adestramento. !Enhoraboa!.

04/06/12

MARIA e MIGUEL EN IBIZA

 Os días 1, 2 e 3 de xuño Ibiza acolleu o Campionato de España Sub-13, coa participación como Campións galegos dos nosos xogadores: María Ezquerro e Miguel Barbado, competindo nas modalidades de individuais e dobres.
A expedición galega foi acompañada polo presidente da Federación G. de Bádminton,  en vo de Vigo a Ibiza con escala en Madrid.
Iniciou a competición María na modalidade individual, dentro dun cadro de 34 xogadoras,  superou a Villacorta por un contundente tanteo de 21/7 e 21/9 (ás 16.40h.). A continuación ás 17,55 h. xogaba en dobres con María Castro de clube de San Amaro (A Coruña) e impúñanse a Martín e Rivelles por 21/16 e 21/15, todo despois de 8 horas de viaxe o mesmo día 1º, venres.
As 11,40 h. do sábado retomaba a competición en individuais con trunfo sobre Laura Santos por 21/4 e 21/10, dándolle paso ó cadro de 16 finalistas donde en octavos foi apeada por Nuria Moreno de Barcelona, despois de ter que disputar o segundo encontro de dobres superando a Fátima e Natalia por 22/20 e 21/11, conseguindo de seguido o paso a cuartos de final  nos que Díaz e Martínez de Aldapeta (Pais Vasco) que finalizaron de sub-campionas, as apearon da semifinal.
Sobresainte participación de María Castro (San Amaro) e María Ezquerro (Athlos), únicas galegas no cadro finalista deste Campionato de España xunto con Miguel Barbado.
En homes Miguel Barbado enfrentouse a un cadro de 49 xogadores de toda España, divididos en grupos que daban paso a 16 finalistas nos que él foi o único galego clasificado como campión de grupo cos seguintes tanteos: Contra Cardona (Baleares) 21/12 e 21/4, con A. Turmo 21/10 e 21/16. Andrés Martín de Madrid, cortoulle o paso a cuartos de final por 21/9 e 21/12.
Na modalidade de dobres formou parella con Joaquín Reina de Almería (Campión de España) entrando en cadro de finalistas, donde foron apeados da semifinal por Mayoral e Álvaro de Madrid nun encontro a tres sets,  cun terceiro en 23-21 a favor dos de Madrid, que o dí todo en favor desta sobresainte participación dos de Athlos na illa de Ibiza. 
O desenrolo da competición pódese seguir na páxina: http://www.todostorneos.es/
!ENHORABOA! por este  bo torneo.

23/02/12

Miguel, Martín e María Campións galegos sub-13

No pavillón de deportes de Salceda de Caselas celebráronse, o pasado domingo día 19, os XXXIV Campionatos Galegos de Bádminton das categorías sub-13 e sub-19, coa participación dos nosos xogadores Miguel e Martín Barbado e María Ezquerro.
Os resultados foron impresionantes: Miguel Campión individual e de dobres con Martín e María medalla de bronce individual e campiona de dobres con María Castro do Club do Mar. Parabéns

03/01/12

CIRCUITO NACIONAL NA ESTRADA

Disputáronse na Estrada (Pontevedra) os encontros do Circuito Nacional Sub-13 no que parcipamos con: Miguel e Martín en individuais e dobres, e María en individuais e en dobres con María Castro do Club del Mar de San Amaro (A Coruña). (Resultados en todostorneos.es)
María, vencedora en dobres xunto con María Castro, na primeira xornada, sete partidos sete victorias, perde a semifinal individual por 21-14, 21-11 con Laura Santos . Miguel, na primeira xornada, tres partidos individuais con tres victorias e tamén dúas en dobres en parella con Martín. Rematou 4º individual o perder con Andrés Martín por 21-18 e 21-15, e Subcampeón de dobres con Martín o vencer a Pablo Fernández e Javier Gómez por 18-21, 21-6 e 21-11 en semifinais e perder a final con Andrés Martín e José Molares por uns prometedores 21-15 e 21-18. Destacada actuación de Athlos no Cirucuito Nacional Sub-13. !!PARABENS!!.

26/12/11

CIRCUITO GALEGO Sub-11-15-19 en OURENSE

Sábado, 14 de xaneiro, de 9,30 a 21,00 horas, no Pavillón U.Laboral de Ourense. Categorías, sub-11 (minibádminton con volantes de naylon), Sub-15 e sub-19, en individuais, dobres e mixtos (cada xogador un máximo de dúas modalidades).
Publicación en http://www.todostorneos.es/
Sistema de competición: 1ª fase grupos. 2ª fase cadro de 16 eliminatorio.
Cuotas por xogador: 1 proba 7 €.- 2 probas, 10€.
Pechadas as inscricións: En IM-11: Martín, Antonio, Samuel e Sergio; en DM-11: Antonio/Samuel e Sergio/Martín; en IF-15 e DF-15: Sara e María Ezquerro; En IM-19 e DM-19: Iván e Gabriel.
Comunicar a participación como árbitros a athlosjulio@wanadoo.es tódolos non inscritos que poidades colaborar.

01/12/11

Circuito Galego Sub-13/17 e Absoluto

Miguel Barbado, lidera o ranking galego individual e nos mixtos con María Ezquerro.
Este sábado 3 de decembro-011, organizamos conxuntamente coa U. Laboral o Circuito Galego das categorías sub-13, sub-17 e absoluta, no pavillón da Laboral dende as 9 horas ata +- as 22 horas. Boa colaboración de tod@s para arbitraxes, líneas,... e animadores. Xornada maratoniana con bádminton de primeira línea nacional dende as 9 ata as 22 horas.
Destacada participación de Gabriel Vidal e Iván Mariño terceiros en dobres sub-17, Sara Galicia, Sara Ezquerro, Sergio Vidal 3º individual en sub-13, Martín Barbado e Samuel Varela.
Detalle dos resultados en: http://www.todostorneos.es/sport/tournament.aspx?id=8BA820CB-BF56-4ADF-AFD9-84BEB66D26AE
Con tal motivo non houbo adestramento no IES Bl. Amor.
Esta competición e puntuable para o Ranking de España que condiciona a posibilidade de participar nas fases finais dos Campionatos de España das diversas categorías.
(Están a disposición dos interesados sudadeiras có escudo de Athlos.)

18/07/11

LICENCIAS 2.013-14

¿Como tramitala?:
Para as renovacións, ingresade a cuota anual correspondente á categoría de cada quen.
Para as novas licencias, solicita e entrega ós adestradares o boletín de inscrición, unha foto carnet e copia do D.N.I. e fai o ingreso da cuota anual que corresponda.

CUOTAS POR TEMPADA: Menores: 30€.- Sub-17: 40€.- Sub-19: 50€.- Maiores: 55€.
                                           
MENSUALIDADES: Maiores: 15 €/mes. Estudiantes e menores: 10 €/mes. Pensionistas e traballadores en paro, de balde. (Cuota familiar segundo número de participantes).

CATEGORIAS FEDERATIVAS: Sub-7, 07-08; Sub-9, 05-06; Sub-11, 03-04; Sub-13, 01-02; Sub-15, 99-00; Sub-17, 97-98; Sub-19, 95-96; Senior, 94-84; Veteráns, 83 e anteriores.

                            AS LICENCIAS CADUCARON O 30 DE XUÑO.
! RENOVA XA ! ANTES DE INICIAR OS ADESTRAMENTOS TES QUE TER A LICENCIA.

Nº C/C: 2080 5252 97 3040010685.-  ATHLOS CLUBE POLIDEPORTIVO.

01/03/11

I OPEN INTERNACIONAL


OPEN INTERNACIONAL BÁDMINTON ADAPTADO EN MURCIA, 24/27 abril en San Pedro de Pinatal, coa participación de Oliver Rey.

15/02/11

CALIDADE E CANTIDADE NO XXXIII CAMPIONATO GALEGO DE VETERÁNS, Ourense, 12 de febreiro de 2011

CARTEL
Pódese considerar esta edición coma unha das mellores dos últimos tempos tanto pola elevada participación como polo excelente nivel que demostraron os participantes , o que augura esperanzas de éxito no vindeiro Campionato de España que se vai celebrar en Mahón (Baleares) do 30 de abril ao 5 de maio de 2011. Cabe destacar tamén a gran labor organizativa do Club Athlos.

CADRO DE HONRA:
IM-A1
: Campeón: Alfonso Castelo (SD Lalin) y Subcampeón: Breixo Regueira (SD Lalin)
IM-A2: Campeón: Alberto Fandiño (Club del Mar) y Subcampeón: Juan M. Martínez (CB El Draque)
IF-A: Campeona: María Corral (Club del Mar) y Subcampeona: Vanesa Serrano (Club Athlos)
DM-A1: Campeones: Rubén Espinosa/Gonzalo Poncela (Club del Mar) y segundos: Alfonso Castelo/Jorge Macía (Lalin/Athlos)
DM-A2: Campeones: Jesús de Andrés/Daniel Soto (CB El Draque) y segundos: Juan M. Martínez/Alejandro Vales (CB El Draque)
DF-A: Campeonas: María Corral/Teresa Vázquez (Club del Mar/A Estrada) y segundas: Olalla Fernández/Cristina Iglesias (Club Athlos)
DMX-A1: Campeones: María Corral/Gonzalo Poncela (Club del Mar) y segundos: Olalla Fernández/Alfonso Castelo (Athlos/Lalin)
DMX-A2: Campeones: Miriam Fernández/Julio Fernández (Club Athlos) y segundos: Mercedes Fernández/Jorge Macía (Club Athlos)
IM-B1: Campeón: Marcelino Fragueiro (Club del Mar) y segundo: Juan Capón (CB Troula)
IM-B2: Campeón: Juan Amaro (Club del Mar) y segundo: Arturo Martínez (Club Athlos)
IF-B: Campeona: Mercedes Fernández (Club Athlos) y segunda: Ana Morandeira (BC Coruña)
DM-B1: Campeones: Juan Capón/José Carlos Padilla (Troula/Independiente) y segundos: Juan Gestoso/Jesús Nogueira (CB Thebes&Reale A Estrada)
DM-B2: Campeones: Juan Amaro/Julio Fernández (Club del Mar) y segundos: Vicente Gambau/José Mañana (BC Coruña)
DF-B: Campeonas: Lidia Herrero/Ana Morandeira (BC Coruña) y segundas: Luz Marina González/Dolores Sarmiento (Club Athlos)
DMX-B: Campeones: Ana Morandeira/José Carlos Padilla (Coruña/Indepediente) y segundos: Dolores López/Juan Amaro (Cedeira/Club del Mar)
IM-C: Campeón: Julio Fernández (Club del Mar) y segundo: Santiago Freire (CB Cedeira)
IM-D: Campeón: José Mañana (BC Coruña) y segundo: Manuel Alonso (Universidade Laboral)
IF-C: Campeona: Hilda Martínez (CB Cedeira) y segunda: Berta Martínez (Club del Mar)
DM-C: Campeones: Santiago Freire/Juan Antonio Rodríguez (CB Cedeira) y segundos: Manuel Alonso/Ramón Quiroga (Universidade Laboral/El Draque)
DF-C: Campeonas: Hilda Martínez/Josefa Pérez (CB Cedeira) y segundas: Florinda Antelo/Berta Martínez (Club del Mar)
DMX-C: Campeones: Hilda Martínez/Juan Antonio Rodríguez (CB Cedeira) y segundos: Dolores López/Santiago Freire (CB Cedeira)

 Destacados terceiros postos tamén para:
Daniel Pérez e Gillermo Rodríguez (Club Universidade Laboral) en DM- B1, Eduardo Iglesias (Club Universidade Laboral) en IM e DM-B2, José Antonio Méndez e Julio Fernández ( Club Independente RSL e Club Athlos) en DM-B2, María Vázquez de la Torre (Athlos) en DM-A2, Javier Galicia e Jose Antonio Barbado (Club Athlos) en DM- B1, Mercedes e Nuria Fernandez Valencia (Club Athlos) en DF-B, Julio Fernández Pérez e Jose L Llamas (Athlos/Universidade Laboral) en DM- C, Nuria Fernández Valencia (Athlos) en IF-B1, Sara e Míriam Fernández Valencia en IF-A1, María Vázquez de la Torre e Míriam Fdez Valencia (Athlos) en DF-A1, Vanesa Serrano e Cristina Iglesias Iglesias (Athlos) en DX-A1, Julio Fdez Valencia en IM-A2 ; o que engade 21 madaias de bronce ao palmarés ourensán.
Parabéns a todos.
VER GALERÍA FOTOGRÁFICA
TODOS OS RESULTADOS

ESTUPENDO SEGUNDO POSTO EN DOBRES MIXTOS PARA O OURENSÁN MIGUEL BARBADO

ESTUPENDO SEGUNDO POSTO EN DOBRES MIXTOS PARA O OURENSÁN MIGUEL BARBADO

O xogador do Club Athlos, xunto a Eva Murio, de Vigo,
únicos representantes galegos no Circuito Nacional de Bádminton
celebrado en Toledo esta fin de semana, remata unha excelente
participación co 2º posto na modalidade de dobres mixtos.
Miguel conta co mérito engadido de disputar un Torneo de
categoría 5 estrelas, con participación de 200 deportistas, o que
obrigou á Federación Española a limitar a inscrición.

Parabéns para Miguel Barbado Fernández.

21/01/11

CIRCUITO NACIONAL SUB-13/17, AS NEVES

Participantes de Athlos no Circuito Nacional Sub-13 e Sub-17, en As Neves, 22/23 xaneiro: Miguel, Sergio, Martín, María, Helena, Nacho, Gabriel, Sara Galicia e Sara Ezquerro. Asistirán acompañados por Nuria, Dolores e Miguel Anxo.

05/01/11

BO TABALLO DOS ASISTENTES Á CONCENTRACIÓN DE BÁDMINTON NADAL'2010

As instalacións do IES As Lagoas acolleron durante as vacacións de nadal a Concentración de Bádminton para categorías inferiores organizada polo Club Athlos e dirixida por Olalla Fernández.
Desexándovos a todos un feliz ano 2011, cheo de éxitos deportivos e boas notas, animámosvos a seguir participando en xornadas de tecnificación coma esta.

TRES PODIOS PARA O CLUB ATHLOS NO CIRCUITO NACIONAL DE BÁDMINTON SUB 15 E SUB 17








A Estrada, 3 e 4 de xaneiro de 2011,
os xogadores ourensáns inician o ano cunha excelente actuación que se resume en dous pratas, para Sara Ezquerro/ Sara Galicia e Gabriel Vidal en Dobres, e bronce para Sara Ezquerro en Individual feminino Sub 15.
Compreta a exitosa participación a actuación de Nacho Rodríguez e Daniel Casas, tamén do Club Athlos, e Carlos Said Bechiki, Marcos Conde e David Marquez, do Club Independente RSL.
Parabéns
RESULTADOS

03/12/10

ÉXITO DO CLUB NO CIRCUITO GALEGO S 13 E S 17, Vigo, 20 de novembro de 2010

CLIC

REPRESENTACIÓN OURENSANA: CLUB ATHLOS E CLUB INDEPENDENTE RSL
Catro 1º postos:
- Miguel Barbado (Club Athlos) en Individual Masculino S-13
- Helena Álvarez e María Ezquerro (C. Athlos) en D. Feminino S-13
- Martín Barbado e Sergio Vidal (C. Athlos) en D. Masculino S-13
- Helena Álvarez e Miguel Barbado (C. Athlos) en D. Mixto S-13
Un 2º posto:
- Sara Galicia e Sara Ezquerro (C. Athlos) en Dobres Feminino S-17
Dous 3º postos:
- Gema Presas e Diana Pérez (Club Athlos) en D. Feminino S-17
- Gabriel Vidal e Sara Ezquerro (Club Athlos) en Dobres Mixto S-17
RESULTADOS