21/01/14

MÁSTER JÓVENES SUB-13 E SUB-17

J. Macía.- Os ourensáns seguen a acadar bos resultados nos Máster Jóvenes nacionais. No internacional celebrado en Gijón o 6, 7 e 8 de decembro, os irmáns Barbado continúan ascendendo no ranking nacional. Martín chegaba ata cuartos de final tanto en individual coma no dobles. E Miguel, chegaba a cuartos en individual pero levábase o campionato no dobles xunto co seu compañeiro Andrés Martín de C.B. Bianconero.



No Máster celebrado o 18 e 19 de xaneiro en Ponteareas, 8 xogador@s desprazáronse a disputar o torneo, 4 Sub-13, Martín Barbado, Sergio Vidal, Antonio Iglesias e Samuel Varela, e 4 Sub-17, Miguel Barbado, Sara Ezquerro, Ana Casas e Ignacio González.

No Sub-13, Martín Barbado levouse o subcampionato nunha final de infarto ante o estradense Miguel Sanluis, na que caía no terceiro set por 24-22, e tras dispoñer dun punto de partido. No DM, leouse ademáis o terceiro posto facendo parella co seu compañeiro Sergio García de C.B. As Neves.

Sergio Vidal, realizou tamén un gran campionato e pasou a cadros, pero un sorteo bastante raro (na miña opinión) fíxolle enfrentarse o campión en cuartos de final, pero xogou un partido de alto nivel.

Samuel e Antonio non pasaron a cadros pero xogaron cara a cara cos seus rivais, o que valoramos como moi positivo e esperanzador. Antonio caeu ademáis lesionado, o que lles impediu afrontar o DM.

No Sub-17, Miguel Barbado fixo un bo campionato e acadou cuartos de final, perdendo en tres sets. Sara Ezquerro, o mesmo que Miguel, chegaba ata cuartos, pero caía ante a campiona do torneo.

Pola contra, a dupla formada por Miguel e Sara, levávase o campionato de DX con bastante facilidade. Ana e Nacho, van collendo ritmo e pouco a pouco están a disputar os seus partidos con mellor forma.



Noraboa a tod@s !!

Ningún comentario: