15/01/14

POLO BO CAMIÑO... PERO MOITO POR PERCORRER NO "SE BUSCA CAMPEÓN"

J. Macía. A concentración interterritorial do Programa "Se Busca Campeón" celebrada en San Sebastián deixa unha sensación moi positiva para o noso clube. Os nosos representantes, Martín Barbado, Sergio Vidal e Antonio Iglesias aproveitaron a fin de semana, rendiron a un alto nivel e encaixaron perfectamente co resto da expedición galega, formada por 10 xogadores e 5 técnicos guiados polo noso coordinador territorial, Rafael Vázquez, que coma sempre, tivo un papel fundamental na organización e orientación dos galegos, con moita implicación e resolvendo as moitas dudas que os técnicos puidesen ter. (Grazas, Rafa !!)


 A destacar a piña que fixeron os galegos, colaborando entre sí e disfrutando dunha experiencia que de seguir así, augura un gran futuro para os nosos xogadores.


Esta concentración, tamén era de gran importancia para os técnicos que tiñan que implicarse nas sesión de entreno, e os galegos rendiron a un alto nivel. A nivel interno, destacar que ainda que temos que traballar moito, que non fixemos máis que comenzar, pero que agora que dimos os primeiros pasos temos que loitar para acadar obxectivos máis altos.

Como conclusión, moita satisfacción polo traballo dos mozos e pola nosa inclusión na expedición galega, todo hai que decilo, dun altísimo nivel.

Antonio Iglesias, acadou o grip verde. Sergio Vidal o bermello. E Martín Barbado o azul.

Na nosa man está superar esto na Concentración do SBC a principios de abril, que nesta ocasión será en A Estrada, así como tratar de incorporar a máis xogadores nas vindeiras ocasións.

Bo traballo homiños !!!


Ningún comentario: