21/01/14

MIGUEL BARBADO ENCABEZA O RANKING NACIONAL

J. Macía.- A carreira de Miguel Barbado esta tempada parece non ter límite. O ourensán, acaba de ser seleccionado para xogar o Campionato de Europa Sub-15 que se celebrará do 14 o 16 de febreiro de este ano na cidade de Basel, Suiza.

Miguel, no centro da imaxe, arropado polos seus compañeiros

Como xa comentamos noutra entrada, o ourensán do Athlos, interno no CETD de A Estrada, foi ademais convocado en dúas probas: Dobres masculino, xunto co seu compañeiro desta tempada, Andrés Martín de C.B. Bianconero e dobres mixtos xunto con Laura Santos de C.B. Vegadeo.

Miguel Barbado, a día de hoxe, é o número 1 do ranking de España Sub-15, e ademais, o 2º en dobles masculino xunto co seu compañeiro, Andrés Martín do C. B. Bianconero.



Grazas Miguel. Estás facendo un bo traballo e persoalmente, te repito o que te dixera noutra ocasión: que ainda que non te des conta, co teu esforzo estás abrindo as portas para que os teus compañeiros máis pequenos queiran loitar con mais ganas.

Noraboa !!

Ningún comentario: