19/03/14

FINAL COMARCAL DA COMPETICIÓN DE BÁDMINTON EN IDADE ESCOLAR - ZONA AS BURGAS

J. Macía.- Este sábado 22 de marzo disputarase a final comarcal da competición de bádminton en idade escolar da zona de As Burgas no Polideportivo do IES Otero Pedraio.

Datas: Sábado, 22 de marzo
Instalación.  Polideportivo do IES Otero Pedraio, Ourense
Categorías.  BENXAMÍN:  nados en 2004 e posteriores     INFANTIL: nados en 2000 e 2001
                     ALEVÍN: nados en 2002 e 2003   CADETE: nados en 1998 e 99
Modalidades. Xogo individual, masculino e feminino. En función da inscrición faremos mixta a categoría Benxamín.
Horario. A partir das 10h. Reunión ás 9:30h
Inscricións.  Lembrade facer a inscrición en orde de forza.
                     Utilizar impreso adxunto.
                     Remitir a:  nuria@edu.xunta.es
Prazos.  Antes das 20:00h do xoves día 20 de marzo
Xogo.  Partidos a 30 puntos, con cambio de campo en 15 e sen prolongación.
            En función da inscrición: liguiña previa por grupos ou cadro dobre eliminatorio.
            Volante de nylon
            Normativa oficial da Federación Galega e do Xogade
            Indumentaria adecuada e representativa da entidade.
            Os cadros de competición faranse tendo en conta as clasificacións das Fases Previas

OS  CATRO MELLORES CLASIFICADOS DE CADA CATEGORÍA PASAN Á SEGUINTE FASE: FINAL PROVINCIAL.

Ningún comentario: