19/03/14

Master Jóvenes Sub 15 y Sub 19 - Tordesillas

J. Macía.- Esta fin de semana disputouse en Tordesillas o Master Jóvenes Sub 15 y Sub 19 con moi bós resultados para o club Athlos. Desprazáronse Gabriel Vidal, Miguel Barbado, Sara Galicia e Sara Ezquerro, e tod@s trouxeron medalla.

Na categoría Sub-15, Miguel segue a amosar o bó estado de forma gañando o DM xunto co seu compañeiro Andrés Martín de Bianconero e un loitado 2º posto en individual.

En Sub-19, Sara Galicia e Sara Ezquerro acadan o bronce rozando a prata, xa que caeron no terceiro set fronte ás segundas.

Gabriel Vidal e Sara Galicia lévanse tamén o bronce en DX, cunha boa actuación.

Noraboa, moz@s !!



Ningún comentario: