30/03/14

GALEGO SUB-9 E SUB-15

J. Macía.- O domingo 23 de marzo disputouse en A Estrada o Campionato Galego Sub-9 e Sub-15 cunha alta participación d@s xogader@s do Athlos.


Na categoría Sub-9, Martín Iglesias e Pedro Macía, acadaron o bronce en dobles, e Martín Iglesias nunha diputadísima final a 3 sets lograba a prata, e por segundo ano quédase a un paso de ser campión galego.





 Na categoría Sub-15, Miguel Barbado logra o campionato con comodidade, vencendo na final por 21-6 e 21-7, amosando unha clara superioridade. Antonio Iglesias, lograba o 3º posto.


En dobles, Miguel Barbado e Sergio Vidal caían na final acadando o segundo posto. Samuel Varela e Antonio Iglesias pasaban a cadros pero caeron en cuartos de final.


En dobles mixtos, Marinha Paradelo e Brais Caride lograban o subcampionato e Marta Fernández e Marcos Valdivia o terceiro posto.



Noraboa a tod@s !!


Ningún comentario: