10/03/14

O ATHLOS ACADA 7 MEDALLAS NO GALEGO SUB-13 E SUB-19

J. Macía.- @s moz@s do Athlos xogaron esta fin de semana o Campionato Galego Sub-13 e Sub-19 que se disputou en Vigo. Boa xornada con partidos moi interesantes e bo ambiente nas bancadas.

2 medallas de ouro, 2 de prata e 3 de bronce para o Athlos. Excelente resultados, onde únicamente non sacamos medalla nunha categoría das disputadas, o individual feminino. Unha mágoa, porque penso persoalmente que o mellor partido do día foi o que disputou Sara Ezquerro fronte a estradense Eva Murio no que a xogadora do Athlos fixo un partido incrible, e no que finalmente caeu por 22-24 / 21-15 / 22-20. Ánimo, Sara, fixéchenos disfrutar moitísimo...

O bó estaba por chegar. Gabriel Vidal, despois de dous partidos a 3 sets, proclamábase campión galego Sub-19 xogando un bo campionato con cabeza e coraxe.

En DX Sub-13, Sergio Vidal xunto con Aldara Liñares de A Estrada, 1º.
En IM Sub-13, Martín Barbado 2º e Sergio Vidal 3º.
En DM Sub-13, Martín Barbado, xunto con Sergio García de As Neves, 2º.

En IM Sub-19 Gabriel Vidal 1º
En DF Sub-19 Sara Galicia e Sara Ezquerro 3ª
En DX Sub-19 Gabriel Vidal e Sara Galicia 3º

Da categoría Sub-13, viaxaron Sergio Vidal, Martín Barbado, Samuel Varela e Pablo González. Da categoría Sub-19, Gabriel Vidal, Ignacio González, Iván Mariño, Sara Ezquerro e Sara Galicia.












Resultados esperanzadores de tod@s @s xogador@s, pero ainda queda moito por facer. Por exemplo, isto:


Noraboa a tod@s !!!

Ningún comentario: