25/02/14

O ATHLOS TRAE A OURENSE 21 MEDALLAS DO CAMPIONATO GALEGO DE VETERÁNS

J. Macía.- O sábado 22 de Febreiro disputouse o XXXVI CAMPIONATO GALEGO DE VETERÁNS DE BÁDMINTON nas instalacións do Club del Mar de San Amaro en A Coruña.

O Club Athlos trouxo a Ourense 21 medallas repartidas nas distintas categorías, 5 de ouro, 4 de plata e 12 de bronce. 



Na seguinte ligazón, podedes ver o cadro de vencedores e os resultados:

Vencedor@s e resultados





@s xogador@s do clube poden estar contentos. Ainda que puido ser todavía mellor, tod@s amosaron un bo nivel e afrontaron o reto sen rendirse en ningún momento. Moi bo ambiente, e o noso clube, coma sempre, disfrutou dende a bancada e dende a pista. 

Agora, toca apretar para preparar o Campionato de España, dónde esperamos poidamos traer máis medallas.

Noraboa a tod@s !!!

21/02/14

CIRCUITOS GALEGOS

J. Macía.- Este mes disputáronse en As Neves o Circuito Galego Sub-11 e Absoluto e o Circuito Galego Sub-15 e Sub-19.

O sábado día 1 de febreiro, na categoría absoluta, as Saras acadaron o terceiro posto en DF, e Sara Ezquerro repetía o terceiro posto en DX xunto con Roberto da Universidade Laboral.

Na categoría Sub-11, Martín Iglesias acadaba o terceiro posto en DM xunto con Rodrigo Sanjurjo de A Estrada.




O domingo día 16 de febreiro, na categoría Sub-15, Sergio Vidal acadaba o terceiro posto en individual e Martín Barbado o terceiro posto en DM xunto con Sergio García de As Neves.

Na categoría Sub-19, importante primero posto de Sara Galicia e Sara Ezquerro en DF. Sara Galicia e Gabriel Vidal, segundos en DX. En individual, Sara Ezquerro e Gabriel Vidal, terceiro posto.




Ademáis dos Circuitos Galegos, unha xogadora do Clube, Ana Casas, desplazouse a Valladolid o sábado día 15 a disputar o TTR Absoluto de Castilla e León. En individual pasou dúas rondas e caeu en cuartos de final. En DX, xunto con David da Universidade Laboral, non puideron pasar a cadros.

Noraboa, e a seguir loitando !!

CIRCUITO NACIONAL VETERÁNS.- GUADALAJARA

J. Macía.- O pasado 1 de febreiro os xogadores do Athlos acadaron un total de 11 podios repartidos entre as distintas categorías no Circuito Nacional de Veteráns que se diputou en Guadalajara.

A destacar os primeiros postos acadados por Rubén Fernández - Julio Fernández en DM A, Olalla Fernández - Vanesa Serrano en DF A e Mercedes Fernández - Bernardo Galmes en DX B.

Norabóa a tod@s, moz@s !!

Podedes consultar na seguinte ligazón os resultados:

Cadro Vencedores



13/02/14

MIGUEL BARBADO ESTRÉNASE MAÑÁ NO CAMPIONATO DE EUROPA SUB-15

J. Macía.- De xeito paralelo ós Campionatos de Europa por Equipos Masculinos e Femeninos que xa se están a disputar, a cidade suiza de Basilea acolle de venres a domingo a disputa dos I Campionatos de Europa Sub-15.

Miguel Barbado do Clube Athlos, xogará mañá as 12:25 o seu primeiro partido de DX xunto con Laura Santos e as 14:05 o partido de DM xunto con Andrés Martín.

Estaremos moi atentos, e dende Ourense desexámoste que a forza esté contigo Miguel e cos teus compañeiros. Vamos !!!

Pódese seguir a competición en directo e ver os partidos grabados en:


E tamén a través da web da Fesba en:

10/02/14

2ª FASE PREVIA DA COMPETICIÓN DE BÁDMINTON EN IDADE ESCOLAR

J. Macía.- A segunda xornada da fase previa da competición de bádminton en idade escolar, finalmente será o sábado 15 de febreiro no pavillón do IES OTERO PEDRAYO.

Categorías: BENXAMÍN: nados en 2004 e posteriores.- INFANTIL: nados en 2000 e 2001
ALEVÍN: nados en 2002 e 2003.- CADETE: nados en 1998 e 99.

Modalidades: Xogo individual, masculino e feminino. En función da inscrición faremos mixta a categoría Benxamín.

Horario: A partir das 10 h. ata o remate. ( xornada de mañá) 

Inscricións: Lembrade facer a inscrición en orde de forza no impreso oficial.
Remitir a: nuria@edu.xunta.es

Prazos: Antes das 19:00h do xoves día 13 de febreiro 

Xogo: Partidos a 30 puntos, con cambio de campo en 15 e sen prolongación. 

En función da inscrición: liguiña previa por grupos ou cadro dobre eliminatorio.
Volante de nylon.
Normativa oficial da Federación Galega e do Xogade.
Indumentaria adecuada.

21/01/14

COMPETICIÓN DE BÁDMINTON EN IDADE ESCOLAR

J. Macía.- O campionato en idade escolar comeza nesta nova tempada coas súas fases previas. O primeiro encontro será este sábado 25 de xaneiro, ás 10:00 horas no pavillón do I.E.S. As Lagoas.


MIGUEL BARBADO ENCABEZA O RANKING NACIONAL

J. Macía.- A carreira de Miguel Barbado esta tempada parece non ter límite. O ourensán, acaba de ser seleccionado para xogar o Campionato de Europa Sub-15 que se celebrará do 14 o 16 de febreiro de este ano na cidade de Basel, Suiza.

Miguel, no centro da imaxe, arropado polos seus compañeiros

Como xa comentamos noutra entrada, o ourensán do Athlos, interno no CETD de A Estrada, foi ademais convocado en dúas probas: Dobres masculino, xunto co seu compañeiro desta tempada, Andrés Martín de C.B. Bianconero e dobres mixtos xunto con Laura Santos de C.B. Vegadeo.

Miguel Barbado, a día de hoxe, é o número 1 do ranking de España Sub-15, e ademais, o 2º en dobles masculino xunto co seu compañeiro, Andrés Martín do C. B. Bianconero.



Grazas Miguel. Estás facendo un bo traballo e persoalmente, te repito o que te dixera noutra ocasión: que ainda que non te des conta, co teu esforzo estás abrindo as portas para que os teus compañeiros máis pequenos queiran loitar con mais ganas.

Noraboa !!

VETERÁNS

J. Macía.- Os veteráns do clube, seguen preparando a tempada disputando o Ranking Galego de Veteráns. Lévanse xa disputadas 4 xornadas. A segunda, o 7 de decembro en A Coruña, a terceira o 21 de decembro en Cedeira e a cuarta o 18 de xaneiro en Lalín. Ainda están por actualizar os datos dos dous últimos.


SUB-11 E ABSOLUTO

J. Macía.- Na categoría Sub-11, Martín Iglesias está a facer una incríble tempada. O xogador do Athlos Sub-9, está xogando o circuito galego Sub-11 cun excelentes resultados. 



No TTR de Vigo disputado o 21 de decembro, e o de A Estrada o 28 de decembro, Martín Iglesias acada cuartos de final en individual e semifinais en Dobles xunto co seu compañeiro Rodrigo Sanjurjo de C.B. A Estrada.

En canto os absolutos, particiapron tamén no TTR de A Estrada o 28 de decembro. En DX, O Athlos levouse os 3 primeiros postos. Julio Fernández e Sara Ezquerro, primeiros, Jorge Macía e Olalla Fernández segundos e Gabriel Vidal e Sara Galicia, terceiros. Participaron tamén Rubén Fernández en individual e dobles xunto con Julio Fernández, pero non pasaron a cadros, e Ana Casas en DX xunto con David Salvadores da Universidade Laboral, acadoando un cuarto posto.



Ademáis, Rubén Fernández segue a viaxar pola península, e neste caso alcanzou semifináis no TTR Absoluto de Asturias disputado o 18 de xaneiro.




Noraboa a tod@s !!

MÁSTER JÓVENES SUB-15 E SUB-19

J. Macía.- O 14 e 15 de decembro desprazouse a Alfajarín Miguel Barbado, no que chegou ata semifinais., na que caeu ante Alex Alcalá, no que se está a cenverter nunha rivalidade constante nos torneos nacionais. Nesta ocasión non xogou DM.



Os días 3 e 4 de xaneiro, celebrouse o Máster en A Estrada. 6 xogador@s desprazáronse a terras estradenses, Miguel Barbado, Sergio Vidal e Antonio Iglesias en Sub-15 e Sara Galicia, Sara Ezquerro e Gabriel Vidal en Sub-19.

Os 3 Sub-15 chegaban a cadros. Antonio caía na primeira ronda, Sergio Vidal caía en cuartos, e Miguel Barbado chegou a final, na que caeu ante o seu compañeiro de DM Andrés Martín.

Nos DM, Antonio e Sergio, non pasaban a cadros. Pola contra Miguel e Andrés leváronse o título.

No Sub-19, Gabriel Vidal acadou cuartos de final e Sara Ezquerro caía en semifinais. No DF, as Saras acadaros o terceiro posto, e tan só por dous puntos non levaron o subcampionato. No DX, Sara Galicia e Gabriel Vidal leváronse o subcampionato.



Noraboa a tod@s !!

MÁSTER JÓVENES SUB-13 E SUB-17

J. Macía.- Os ourensáns seguen a acadar bos resultados nos Máster Jóvenes nacionais. No internacional celebrado en Gijón o 6, 7 e 8 de decembro, os irmáns Barbado continúan ascendendo no ranking nacional. Martín chegaba ata cuartos de final tanto en individual coma no dobles. E Miguel, chegaba a cuartos en individual pero levábase o campionato no dobles xunto co seu compañeiro Andrés Martín de C.B. Bianconero.



No Máster celebrado o 18 e 19 de xaneiro en Ponteareas, 8 xogador@s desprazáronse a disputar o torneo, 4 Sub-13, Martín Barbado, Sergio Vidal, Antonio Iglesias e Samuel Varela, e 4 Sub-17, Miguel Barbado, Sara Ezquerro, Ana Casas e Ignacio González.

No Sub-13, Martín Barbado levouse o subcampionato nunha final de infarto ante o estradense Miguel Sanluis, na que caía no terceiro set por 24-22, e tras dispoñer dun punto de partido. No DM, leouse ademáis o terceiro posto facendo parella co seu compañeiro Sergio García de C.B. As Neves.

Sergio Vidal, realizou tamén un gran campionato e pasou a cadros, pero un sorteo bastante raro (na miña opinión) fíxolle enfrentarse o campión en cuartos de final, pero xogou un partido de alto nivel.

Samuel e Antonio non pasaron a cadros pero xogaron cara a cara cos seus rivais, o que valoramos como moi positivo e esperanzador. Antonio caeu ademáis lesionado, o que lles impediu afrontar o DM.

No Sub-17, Miguel Barbado fixo un bo campionato e acadou cuartos de final, perdendo en tres sets. Sara Ezquerro, o mesmo que Miguel, chegaba ata cuartos, pero caía ante a campiona do torneo.

Pola contra, a dupla formada por Miguel e Sara, levávase o campionato de DX con bastante facilidade. Ana e Nacho, van collendo ritmo e pouco a pouco están a disputar os seus partidos con mellor forma.



Noraboa a tod@s !!

15/01/14

POLO BO CAMIÑO... PERO MOITO POR PERCORRER NO "SE BUSCA CAMPEÓN"

J. Macía. A concentración interterritorial do Programa "Se Busca Campeón" celebrada en San Sebastián deixa unha sensación moi positiva para o noso clube. Os nosos representantes, Martín Barbado, Sergio Vidal e Antonio Iglesias aproveitaron a fin de semana, rendiron a un alto nivel e encaixaron perfectamente co resto da expedición galega, formada por 10 xogadores e 5 técnicos guiados polo noso coordinador territorial, Rafael Vázquez, que coma sempre, tivo un papel fundamental na organización e orientación dos galegos, con moita implicación e resolvendo as moitas dudas que os técnicos puidesen ter. (Grazas, Rafa !!)


 A destacar a piña que fixeron os galegos, colaborando entre sí e disfrutando dunha experiencia que de seguir así, augura un gran futuro para os nosos xogadores.


Esta concentración, tamén era de gran importancia para os técnicos que tiñan que implicarse nas sesión de entreno, e os galegos rendiron a un alto nivel. A nivel interno, destacar que ainda que temos que traballar moito, que non fixemos máis que comenzar, pero que agora que dimos os primeiros pasos temos que loitar para acadar obxectivos máis altos.

Como conclusión, moita satisfacción polo traballo dos mozos e pola nosa inclusión na expedición galega, todo hai que decilo, dun altísimo nivel.

Antonio Iglesias, acadou o grip verde. Sergio Vidal o bermello. E Martín Barbado o azul.

Na nosa man está superar esto na Concentración do SBC a principios de abril, que nesta ocasión será en A Estrada, así como tratar de incorporar a máis xogadores nas vindeiras ocasións.

Bo traballo homiños !!!


08/01/14

MIGUEL BARBADO, COMEZA A FACER HISTORIA

J. Macía. Miguel Barbado foi convocado para xogar o Campionato de Europa Sub-15 que se celebrará do 14 o 16 de febreiro de este ano na cidade de Basel, Suiza.

O ourensán do Athlos, interno no CETD de A Estrada, foi ademais convocado en dúas probas: Dobres masculino, xunto co seu compañeiro desta tempada, Andrés Martín de C.B. Bianconero e dobres mixtos xunto con Laura Santos de C.B. Vegadeo.

Noraboa, Miguel !!!!!!!!!

Miguel Barbado, á esquerda da imaxe, xunto con Andrés Martín


27/12/13

SERGIO VIDAL, MARTÍN BARBADO E ANTONIO IGLESIAS Ó SBC

J. Macía. Os 3 canteráns do Club Athlos viaxarán á Concentración Interterritorial do Programa Nacional "Se Busca Campeón" que organiza o CTD do País Vasco en San Sebastián no que participará a Federación Territorial Galega cos seus mellores deportistas do programa.

Noraboa !!!

Máis info

ESPECIAL TORNEOS DO NADAL

J. Macía. Uns 70 participantes no Torneo I.E.S. Blanco Amor organizado polo Athlos e moita participación tamén nos torneos que se disputaron estes días na cidade, o Torneo da Constitución, organizado pola Asociación Deportiva Bosco e o Torneo de Nadal, organizado polo I.E.S. Otero Pedrayo.



O Torneo Blanco Amor, contou co patrocinio do I.E.S. Blamco Amor, a ANPA do I.E.S. Blanco Amor, Servizo de Deportes de Ourense da Xunta de Galicia e o Club Athlos. Foi unha boa xornada, e contouse coa presencia da prensa e de Auria TV que grabou todas as finais.


Entregaron os Trofeos e medallas:

D. José-Antonio Corral Álvarez, Presidente da ANPA “IES Bl. AMOR”.
D. Manuel Pérez González, Servicio de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense.
D. Julio Fernández Pérez, Presidente de Club Polideportivo Athlos.

Mencións especiais:

1. Medios de Comunicación (en especial a TV Auria).
2. Centros de Ensino: Salesianos, IES Otero Pedrayo e IES Blanco Amor.

Distincións, Medalla de Prata do Club Athlos:

Mª Nuria Fernández Valencia, Delegada en Ourense da Federación Galega de Bádminton.


Na sección de Galerías 2013-2014 podedes ver máis fotos.

16/12/13

FASE FINAL TORNEO I.E.S. BLANCO AMOR

J. Macía. O Torneo "I.E.S. Blanco Amor" de Bádminton 2013 chega a súa recta final. Mañá martes no IES As Lagoas e no IES Blanco Amor, disputaranse os cuartos e as semifinais nos horarios que se achegan a continuación.

Quedará todo listo para que o xoves 19, no IES Blanco Amor, ás 19:00 h. poidan disputarse as finais.

Lembrade:

Xogos e puntuación: Ó mellor de 3 xogos de 15 puntos sen prolongación.
Trofeos: Tódolos Campións Individuais.
Medallas: Tódolos Segundos clasificados individuais . 

Premio especial por sorteo entre tódolos inscritos a recoller no Acto Final de Entrega de Trofeos no IES Blanco Amor o xoves 19 de decembro ás 21,00 horas. Só se entregará o/a afortunado/a acertante se está presente. Do contrario repetirase outra vez o sorteo para ser adxudicado, os 15 minutos da proclamación anterior. Se tampouco está presente o agraciado/a, declararase premio deserto.


Esperamos contar nas bancadas con todos vos !!!!

e c@s vos@s amig@s, pais, nais, avós, avoas, parellas, familiares, veciños......


FINAIS XOVES 19 CON HORARIOS

CADROS FASE FINAL E RESULTADOS